Partido Obreiro Galego

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Partido Obreiro Galego (POG) foi un partido galego marxista[1] e nacionalista[2] que, en 1977, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Datas e cronoloxía ...
Remove ads

Historia

En 1977, logo das primeiras eleccións democráticas, Camilo Nogueira liderou un grupo, a Alternativa dos Traballadores Galegos, que se escindiu do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno.

En outubro, fundou un novo partido no que se integraron, ademais, membros procedentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia. Os líderes do novo partido foron Camilo Nogueira, Xan López Facal e nun primeiro momento Xosé Vilas Nogueira. Logo do I Congreso, en decembro de 1978,[3] integrouse na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.[4]
No referendo da Constitución de 1978, o partido, propugnou o voto en branco[5] e, no Estatuto de 1981, o negativo.

Posteriormente, refundouse co nome de Esquerda Galega, con xuño nome foi inscrita en xuño de 1980[Cómpre clarificar], e en maio de 1981, celebrou o seu I Congreso coa nova denominación.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads