Pasaxeiros do RMS Titanic
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
O RMS Titanic transportaba un total de 2224 persoas a bordo na súa viaxe cara Nova York, dos cales só 710 lograron sobrevivir ao naufraxio.
Os superviventes foron rescatados dos botes salvavidas polo RMS Carpathia. Dos 711 pasaxeiros e a tripulación rescatada do RMS Titanic, un, William F. Hoyt, morreu nun bote salvavidas durante a noite, e outros cinco morreron a bordo do Carpathia e foron sepultados no mar. Varios barcos navegaron á zona do desastre onde se achaban as vítimas para recuperar os corpos. Os números 324 e 325 non foron usados, e os seis pasaxeiros enterrados no mar polo Carpathia tampouco foron numerados. Os tres corpos recuperados polo RMS Oceanic, números 331, 332 e 333, foron os ocupantes dun pregable, que se inundou nos últimos momentos do desastre. Varias persoas lograron chegar ao barco, aínda que algúns morreron durante a noite. Cando o quinto oficial Harold Lowe rescatou aos superviventes do pregable, deixou tres corpos no bote: Thomas Beattie, un pasaxeiro de primeira clase, e dous membros da tripulación (un bombeiro e un mariñeiro). O pregable, cos tres cadáveres aínda dentro, foi descuberto aproximadamente un mes máis tarde a máis de 200 millas do lugar do afundimento.
Remove ads
Estatísticas
Estas son as estatísticas do total de pasaxeiros a bordo do RMS Titanic, e total de pasaxeiros que finaron e se salvaron, de acordo co total de pasaxeiros da lista e ao libro de Judith Geller, Titanic: Women and Children First. Os datos son estimacións próximas.
Pasaxeiros totais
Finados
Só finaron 4 mulleres e unha nena de primeira clase: Edith Corse Evans, Anne Isham, Ida Strauss, Bess Allison e a súa filla, Lorraine.
Algúns pasaxeiros destacados
Españois no Titanic
No RMS Titanic viaxaban dez españois dos cales só sete lograron saír con vida do naufraxio.[2] Os dez españois que viaxaban no barco foron:
- Víctor Peñasco - Finado no Titanic.
- María Josefa Pérez de Soto - dona de Víctor Peñasco. Logrou saír do Titanic. Bote nº8.
- Fermina Oliva- serventa dos anteriores. Escapou do Titanic xunto coa súa señora María Josefa Pérez de Soto. Bote nº8.
- Juan Monrós- Finado no Titanic.
- Julián Padró- Saltou ao bote nº9
- Emilio Pallás- Saltou ao bote nº9
- Florentina Durán- Escapou no bote nº12
- Asunción Durán- Irmá da anterior. Bote nº12
- Servando Oviés - Finado no Titanic.
- Encarnación Reynaldo - Escapou no bote nº9.
Primeiros superviventes en finar
- Maria Nackid — pasaxeira de 3ª clase, 30 de xullo de 1912 (2 anos) por meninxite
- Eugenie Baclini — pasaxeira de 3ª clase, 12 de agosto de 1912 (4 anos) por meninxite
- Coronel Archibald Gracie IV — pasaxeiro de 1ª clase, 4 de decembro de 1912 por un coma diabético
- Marie Eugenie Spencer — pasaxeira de 1ª clase, outubro de 1913 (55 ou 56 anos)
- Maximilian Frölicher — pasaxeiro de 1ª clase, 22 de novembro de 1913 (62 anos) por hipotermia
- Kornelia Andrews — pasaxeira de 1ª clase, 4 de decembro de 1913 (64 anos) por pneumonía.
Últimos superviventes
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads