Paseroideos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos Paseroideos (Passeroidea) é unha superfamilia de aves paseriformes da suborde dos páseros pertencente á infraorde dos paséridos.
Eata superfamilia inclúe varias ramas de paxaros granívoros e herbívoros que son, en número de especies, as que maior éxito lograron entre todas as aves,[1] unhas 1 600 especies.
A súa distribución é case global, xa que ocupan toda a Rexión paleártica e toda América, estando ausentes soamente na Antártida.[2]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A superfamilia foi descrita en 1993 polos ornitólogos estadounidenses Burt Monroe e Charles Sibley.[1]
Etimoloxía
O nome científico Passeroidea está formado engadíndolle ao nome co seu xénero tipo, Passer, a desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal de unión -o-. Literalmente: "os que teñen forma de pardal".
Familias
Esta superfamilia é un dos tres grupos da infraorde dos paséridos propostos en 1990 na clasificación das aves de Sibley e Ahlquist.[3]
A monofilia do grupo está en gran medida confirmada por numerosos estudos,[4][5][6][7] aínda que alunhas das familias inclídas por Sibley e Ahlquist na súa clasificación están actualmente situadas fóra dos paseroideos. En particular, a familia Paramythiidae da Nova Guinea xa non se considera parte da radiación dos paseroideos, e se colocou na dos Corvoidea.[8] incluso os Melanocharitidae xa non se encadran nos Passeroidei, xa que máis ben parecen representar un clado basal dentro dos Passerida,[9] mentres que os Alaudidae son actualmente considerados parte da superfamiglia dos Sylvioidea.[4][5].
Pola contra, algunhas familias non consideradas na clasificación de Sibley e Ahlquist son hoxe ás veces incluídas nos Passeroidei: entre elas, as dos Arcanatoridae, Promeropidae, Irenidae, Chloropseidae, que constitúen ramas basais da superfamilia, con estreitos vínculos de parentesco cos Nectariniidae.[2][5][10]
Segundo estes modernos criterios de clasificación, os paseroideos comprenden as seguintes familias:
- Arcanatoridae
- Promeropidae
- Irenidae
- Chloropseidae
- Dicaeidae
- Nectariniidae
- Passeridae
- Ploceidae
- Estrildidae
- Viduidae
- Peucedramidae
- Prunellidae
- Motacillidae
- Urocynchramidae
- Fringillidae
- Parulidae
- Icteridae
- Coerebidae
- Emberizidae
- Thraupidae
- Calcariidae
- Cardinalidae
Remove ads
Evolución
A separación evolutiva das diferentes ramas dos paseroideos non se precisou aínda totalmente, pero debe ser posterior á evolución das antigas anxiospermas, que comprendían diversas plantas non especializadas, pero que xa tiñan sementes rudimentarias, o que debeu ocorrer a finais do cretáceo, entre as eras mesozoica e cenozoica. O gran número de especies explicaríase entón por coevolución con estas plantas, que empezaron a producir unha gran variedade de froitos e sementes.[1]
Remove ads
Galería
- Arcanator orostruthus
(Arcanatoridae) - Promerops cafer
(Promeropidae) - Chloropsis aurifrons
(Chloropseidae) - Vidua paradisaea
(Viduidae) - Protonotaria citrea
(Parulidae) - Icterus bullockii
(Icteridae) - Sicalis flaveola
(Thraupidae) - Cardinalis cardinalis
(Cardinalidae)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads