Pataxio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nos quirópteros e outros animais, o pataxio (en latín patagium) é a membrana de pel elástica e resistente que forma a superficie da á.[1] É unha extensión da pel do abdome que se estende até a punta dos dedos unindo as extremidades superiores co corpo.

Quirópteros

O pataxio dos quirópteros ou morcegos (orde Chiroptera) divídese en catro seccións:[2]
- Propataxio: o pataxio dende o ombreiro até o primeiro dedo, denominado polgar.
- Dactilopataxio: membrana interdixital excepto co polgar.
- Plaxiopataxio: porción que une o derradeiro dedo coas extremidades posteriores.
- Uropataxio: pataxio entre as extremidades posteriores, incluíndo partes ou a totalidade da cola.
Remove ads
Outros mamíferos que presentan pataxio
O pataxio non é exclusivo dos quirópteros. Algúns roedores e outros mamíferos presentan unha membrana de pel entre as extremidades e unida ao corpo que usan para planear a modo de paracaídas. Algúns destes animais son:
- Petaurus breviceps
- Galeopterus variegatus
- Cynocephalus volans
- Aeretes spp.
- Aeromys spp.
- Belomys spp.
- Biswamoyopterus spp.
- Eoglaucomys spp.
- Eupetaurus spp.

- Glaucomys spp.
- Hylopetes spp.
- Iomys spp.
- Petaurillus spp.
- Petinomys spp.
- Pteromys spp.
- Petaurista spp.
- Pteromyscus spp.
- Trogopterus spp.
Remove ads
Outros animais

- Tamén se denomina pataxio á membrana de pel que permite planear a algúns lagartos (como Draco volans) e anfibios (como Rhacophorus nigropalmatus).
- Nalgúns lepidópteros, o pataxio é un dos pequenos órganos sensoriais situados nas bases das ás anteriores.
- Nas aves, corresponde á pel que se estende entre o úmero ao carpo formando o límite da punta da á.
- Finalmente, tamén se denomina pataxio á membrana que permite saltar aos peixes da familia Exocoetidae.
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads