Patti Page

From Wikipedia, the free encyclopedia

Patti Page
Remove ads

Clara Ann Fowler, nada en Claremore, Oklahoma, o 8 de novembro de 1927 e finada en Encinitas, California o 1 de xaneiro de 2013, foi unha cantante estadounidense máis coñecida polo seu nome artístico Patti Page. Destacou principalmente como cantante de música pop e |country, sendo a vocalista e artista feminina que máis vendeu na década de 1950,[1] con máis de 100 millóns de discos vendidos ao longo dunha carreira de seis décadas.[2] A miúdo presentábana como "the Singin' Rage, Miss Patti Page". O disc-jockey WNEW de Nova York William B. Williams presentouna como "Unha páxina da miña vida chamada Patti".

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Page asinou con Mercury Records en 1947,[1] e converteuse na súa primeira artista feminina de éxito, comezando por "Confess" en 1948.[3] En 1950, tivo o seu primeiro sinxelo cun millón de copias, "With My Eyes Wide Open, I'm Dreaming",[4] e finalmente publicou outros catorce sinxelos con millóns de vendas entre 1950 e 1965.

A canción distintiva de Page, "Tennessee Waltz", foi un dos sinxelos máis vendidos do século XX, e hoxe é recoñecida como unha das cancións oficiais do estado de Tennessee. Pasou 13 semanas na lista dos máis vendidos da Billboard en 1950/51. Page tivo outros tres sinxelos de éxito número un entre 1950 e 1953, "All My Love (Bolero)", "I Went to Your Wedding" e "(How Much Is) That Doggie in the Window?".

A diferenza da maioría das outras cantantes pop, Page mesturaba estilos de música country en moitas das súas cancións. Como resultado deste atractivo cruzamento, moitos dos sinxelos de Page apareceron no Billboard Country Chart. Na década de 1970, cambiou o seu estilo máis cara á música country e comezou a ter aínda máis éxito nas listaxes deste xénero, chegando a ser unha das poucas vocalistas que apareceu na listaxe en cinco décadas distintas.

Co auxe do rock and roll na década de 1950, as vendas de discos de música popular comezaron a diminuír. Page estivo entre os poucos cantantes populares que lograron manter a súa popularidade, e continuou a ter éxitos ata ben entrada a década de 1960, con "Old Cape Cod", "Allegheny Moon", "A Poor Man's Roses (or a Rich Man's Gold)" e "Hush, Hush, Sweet Charlotte".

En 1997, Patti Page entrou no Oklahoma Music Hall of Fame. En 2013 recibiu a título póstumo o Premio Grammy á Traxectoria.

Page valeceu na Seacrest Village Retirement Community de Encinitas, California,[5] aos 85 anos.[6] Foi soterrada en El Camino Memorial Park de San Diego.[7]

Remove ads

Discografía

  • Patti Page (1950)
  • Folk Song Favorites (1951)
  • Christmas with Patti Page (1951)
  • Tennessee Waltz (1952)
  • Patti Page Sings for Romance (1954)
  • Song Souvenir (1954)
  • Just Patti (1954)
  • Patti's Songs (1954)
  • So Many Memories (1954)
  • And I Thought About You (1955)
  • Romance on the Range (1955)
  • Manhattan Tower (1956)
  • In the Land of Hi-Fi (1956)
  • Music for Two in Love (1956)
  • You Go to My Head (1956)
  • The Voices of Patti Page (1956)
  • The East Side (1957)
  • The Waltz Queen (1957)
  • I've Heard That Song Before (1958)
  • Let's Get Away from It All (1958)
  • The West Side (1959)
  • On Camera...Patti Page...Favorites from TV (1959)
  • Indiscretion (1959)
  • I'll Remember April (1959)
  • 3 Little Words (1959)
  • Just a Closer Walk with Thee (1960)
  • Patti Page Sings the Stars in "Elmer Gantry" (1960)
  • Patti Page Sings Country & Western Golden Hits (1961)
  • Go On Home (1962)
  • Patti Page Sings Golden Hits of the Boys (1962)
  • Say Wonderful Things (1963)
  • Love After Midnight (1964)
  • Hush, Hush, Sweet Charlotte (1965)
  • Christmas with Patti Page (1965)
  • Patti Page Sings America's Favorite Hymns (1966)
  • Patti Page's Greatest Hits (1966)
  • Today My Way (1967)
  • Gentle on My Mind (1968)
  • Honey Come Back (1970)
  • I'd Rather Be Sorry (1971)
  • A Touch of Country (1979)
  • No Aces (1981)
  • Golden Hits Volume 1 (1981)
  • Golden Hits Volume 2 (1982)
  • Brand New Tennessee Waltz (2000)
  • Sweet Sounds of Christmas (2002)
  • Best Country Songs (2008)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads