Paul Virilio
filósofo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Paul Virilio, nado en París o 4 de xaneiro de 1932 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 2018, foi un filósofo francés.
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Remove ads
Traxectoria
Naceu en París de pai italiano, refuxiado comunista en Francia. A guerra mundial fíxoo especialmente sensible ante a destrución e a morte, circunstancia que terá moito que ver na súa obra, na estética da desaparición. Estudou arquitectura en París, na Escola de Arquitectura, da cal chegaría a ser o seu máximo responsable durante tres décadas (1968-1998). En 1963 fundou xunto a Claude Parent a revista da modernidade arquitectónica e urbanística Architecture Principe. Dende 1973 é director da colección Espacio Crítico, de Editions Galilée. Gañou o premio nacional Crítica da Arquitectura en 1987. En 1990 foi nomeado coordinador dos programas do Collège International de Philosophie, baixo a dirección de Jacques Derrida. Traballou en numerosas exposicións de arte contemporánea na Fundación Cartier. En 2000 inaugurouse no Xapón o Museo das Catástrofes, realizado baixo a súa dirección e proxecto.
Remove ads
Pensamento científico
Arquitecto, urbanista, filósofo, o seu pensamento describe unha visión integral do urbano e do urbanístico dentro dun sistema tecnolóxico avanzado, onde a velocidade (o tempo), a información e as redes xogan un papel determinante. A civilización actual diferenciase por un trazo: a velocidade, que produce incerteza, risco e... accidente.
Para Virilio, a primeira das seducións da tecnoloxía é a velocidade, a capacidade de romper o previsible, como instrumento de control e dominación, pero tamén de risco, de precipitación cara a unha nova desorde mundial, porque parar significa morrer. A vertixe da aceleración fai que a información coñecida non coincida coa realidade sobrevinda, porque a realidade vai máis rápida que a información. Por iso, controlar a tecnoloxía, a velocidade de cambio, é controlar a sociedade, o espazo e a información.
Remove ads
A máquina de visión
Paul Virilio é un magnífico exemplo da resistencia ao que el chama tecnoloxías da percepción e da representación. Xeralmente a formulación de Virilio consiste en valorar negativamente a mecanización da percepción, ata o punto de pensar que ese proceso non só afecta a percepción mesma, senón ao seu procesamento (o lugar da formación das imaxes mentais e da consolidación da memoria natural) e logo a súa interpretación, é dicir, o sentido mesmo da realidade. Virilio imaxina que o último paso dese proceso cultural de mecanización da percepción (que consiste nunha carreira de velocidades entre o transtextual e o transvisual), será a posta a punto dunha máquina de visión, é dicir, a delegación a unha máquina de análise da realidade obxectiva. Dende o reconto do proceso que realiza Virilio é posible reformular asuntos como a aparición do pensamento relativista e as súas consecuencias: a era do espectador, e algúns procesos de democratización e anarquismo. A maior preocupación é o horizonte totalitario da manipulación mediante a imaxe codificada, e as súas formas vulgares: a propaganda e a publicidade.
Virilio afirma que a multiplicación, nos nosos tempos, das próteses visuais e audiovisuais e a utilización destes materiais dende a infancia está ocasionando a codificación, cada vez máis laboriosa, de imaxes mentais con tempos de retención reducidos e sen gran recuperación ulterior, é dicir, a desaparición da capacidade mnésica. A loxística da percepción destrúe o que os antigos modos de representación conservaban dese gozo orixinal idealmente humano, dese “eu podo” da mirada.. Isto produciría un dano que Virilio cre irreparable para a conciencia humana: a aparición dunha visión disléxica que estaría provocando unha especie de estupidez neonatal.
O modelo de guerra
Virilio desenvolveu o que chama o "modelo de guerra" da cidade moderna e da sociedade humana en xeral. Os seus traballos máis destacados inclúen "Guerra e Cine", "Velocidade e Políticas" e "A bomba da información", nos cales argumenta que os proxectos militares e tecnolóxicos guían a historia. Algúns describen o seu traballo situado no ámbito do 'hipermoderno'. A descrición parece axeitada, xa que Virilio traballa moito cos conceptos e artefactos do modernismo. Afirmou repetidamente as súas afinidades coa fenomenoloxía e ofrece críticas humanistas dos movementos de arte modernistas como a arte futurista.
As predicións de Virilio acerca das loxísticas da percepción (o uso de imaxes e información na guerra e Cine, 1984) foron tan acertadas que durante a Guerra do Golfo foi invitado a discutir as súas ideas cos oficiais militares franceses. Mentres que Baudrillard afirmou que a Guerra do Golfo nunca sucedeu, Virilio argumentou que o que sucedeu foi unha "guerra mundial en miniatura".
Remove ads
Dromoloxía
A Dromoloxía estuda a aceleración na que se están sucedendo as transformacións históricas e, de que maneira están afectando ao home as novas tecnoloxías, o novo concepto de tempo, virtualidade, ciberespazo, ou os novos modos de comunicación. Paúl Virilio ao estudar o fenómeno da velocidade coa que nos conectamos na era dixital utilizou este concepto.
O accidente integral
Paul Virilio fai unha análise da produción de accidentes nos séculos XIX e XX, e menciona unha serie de estratexias para situarse ante as ameazas dos probables accidentes vindeiros. Pensando nos termos de Aristóteles, o accidente é o continxente, aquilo que pode variar sen que se altere a substancia. No noso tempo a aceleración propia da mundialización “globalitaria” fai que o habitable sexa o accidente mentres que a substancia tórnase continxente.
Virilio distingue tres tipos de accidentes. O accidente “local”, aquel no que se pode definir espacialmente o seu lugar de xurdimento e o alcance dos seus efectos. O accidente “global”, aquel que non se sabe con precisión onde se orixinou nin ata onde chegarán as súas consecuencias. Finalmente, o accidente “integral”, que concirne “non só ao conxunto do espazo xeofísico, senón sobre todo a períodos de tempos multiseculares, por non falar da dimensión sui generis dun Hiroshima celular. Neste accidente o que ameaza con converterse no noso único hábitat nun futuro próximo.
A formulación de Virilio é simple: cada nova produción científica é a invención dun novo accidente específico. Non como algo “colateral”, senón como un compoñente propio que revela esa nova substancia.
Remove ads
Obras
- Bunker archéologie, Centre de Création Industrielle, París, 1975.
- L’insécurité du territoire, Stock, París, 1976.
- Vitesse et politique, Galilée, París, 1977.
- Défense populaire et luttes écologiques, Galilée, París, 1978.
- Esthétique de la disparition, Éditions Balland, París, 1980.
- Guerre et cinéma, Éditions de l’Étoile, París, 1984.
- Logistique de la perception, Cahiers du Cinéma, París, 1984.
- L’espace critique, Christian Bourgeois, París, 1984.
- L’horizon négatif, Galilée, París, 1985.
- L’inertie polaire, Christian Bourgeois, París, 1990.
- La machine de vision, Éditions Galilée, París, 1992.
- L’art du moteur, Éditions Galilée, París, 1993.
- La vitesse de libération, Galilée, París, 1995.
- Cybermonde (conversación con Philippe Petit), Textuel, París, 1996.
- Un paysage d’événements, Éditions Galilée, París, 1996.
- La bombe informatique, Éditions Galilée, París, 1998.
- Ce qui arrive, Éditions Galilée, París, 2002.
- Discours sur l’horreur de l’art, entrevista con Enrico Baj, Atelier de création libertaire, París, 2003.
- L’Art à perte de vue, Galilée, París, 2005.
- L’Université du Désastre, Galilée, París, 2007.
- Le Futurisme de l’instant, Galilée, París, 2009.
- Le Grand Accélérateur, Galilée, París, 2010.
Remove ads
Frases
A velocidade da luz non transforma soamente o mundo. Convértese no mundo. A globalización é a velocidade da luz. "A velocidade é o espazo do vehículo".
Crítica
Paul Virilio é un dos autores criticados por abusar de conceptos científicos equivocamente citados e de terminoloxía sen sentido na obra de Sokal e Bricmont Imposturas intelectuais.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Virilio ![]() |
Bibliografía
- Armitage, John, ed. Paul Virilio: From Modernism to Hypermodernism and Beyond. Londres: Sage, 2000.
- Redhead, Steve. Paul Virilio: Theorist for an Accelerated Culture. Edinburgh: Edinburgh University Press, 2004
- Albarenga, Miguel- "La sociedad contemporánea en la óptica de Bauman y Virilio", Monografia,Montevideo,Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación,Licenciatura en Historia,Opinión Docencia,Materia Psicosociología de las Instituciones, 2011.
Ligazóns externas
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads