Pavón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O pavón[2] (Pavo cristatus) é unha das dúas especies de aves pertencentes ao xénero Pavo, que dende tempos antigos destacou entre os animais admirados polo ser humano por mor do extraordinario abano policromado que constitúe a cola dos machos.
Trátase dunha especie cun dimorfismo sexual moi acentuado que vive arredor dos 15 anos, aínda que se coñecen casos de exemplares que viviron en catividade máis de 20 anos. Trátase dun animal omnívoro, cuxa alimentación está composta principalmente por sementes, froitas, bagas, plantas, verduras, insectos, ras e pequenos réptiles.
Remove ads
Mitoloxía
Segundo a mitoloxía grega, o pavón era o animal consagrado e representativo de Hera, a esposa de Zeus. O mito conta que Zeus seduciu á mortal Ío e, para que non o descubrise Hera, converteuna nunha vaca branca. Pero Hera soubo do conto e pediulle a vaca a Zeus, poñéndoa baixo a vixilancia de Argos, un xigante coñecido como Argos Panoptes por ter ollos por todo o corpo [3]. Os diferentes autores dan números diferentes: un só ollo, catro ollos (dous mirando cara adiante e outros dous mirando cara atrás), ata mil ojos, pero a cifra máis común entre os mitólogos é a de cen ollos.
Zeus mandoulle a Hermes que recuperara a vaca pero, como non puido facelo en segredo, matou a Argos, uns din que dunha pedrada [4] e outros que o dormiu coa súa frauta e logo o degolou [5]. Hera, agradecida a Argos polo seu sacrificio, tomou os seus ollos e colocounos na cola do pavón, dándolle o aspecto que ten hoxe:
"Morto estás, Argos, extinguiuse a luz que tiñas para tantos ollos e a noite apoderouse dos teus cen ollos. A Saturnia [6] recolleunos e colocounos nas plumas da súa ave, enchendo a cola de xemas estreladas"Ovidio I. 720-723
Remove ads
Galería de imaxes
- Pavón coa cola pregada.
- Pavón de perfil.
- Pavón de costas.
- Ovo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads