Paxilina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A paxilina é unha proteína que funciona como proteína adaptadora na transdución de sinais descuberta en 1990, á que se lle deu o nome en inglés de paxillin, do latín paxillus, que significa "pequeno poste"[1] (non confundir co alcaloide neurotóxico chamado en inglés paxilline).[2] A paxilina ten 68 kDa e localízase no citoplasma nos puntos onde a célula se une á matriz extracelular formando adhesións focais.[3] A rexión C-terminal da paxilina contén catro dominios LIM que serven para que a paxilina se una ás adhesións focais. Crese que nas adhesións focais establece unha asociación directa coa cola citoplasmática da beta-integrina. A rexión N-terminal da paxilina é rica en sitios para a interacción proteína-proteína. As proteínas que se unen á paxilina son diversas e entre elas están proteína tirosina quinases, como a Src e a quinase de adhesión focal (FAK), proteínas estruturais, como a vinculina e actopaxina, e reguladores da organización da actina, como COOL/PIX e PKL/GIT. A paxilina é fosforilada na tirosina por FAK e Src despois da súa unión a integrinas ou a estimulación por factores de crecemento, creando sitios de unión para a proteína adaptadora Crk.[4] A paxilina axuda a recrutar moléculas no complexo de transdución de sinais do que forma parte, facilitando a recepción de estímulos externos que modulan diversos procesos celulares, e intervindo así na adhesión celular, mobilidade e crecemento celular.[3]
![]() | |
PDB 1KKY | |
Paxilina | |
Identificadores | |
Símbolo | PXN |
Símbolos alt. | FLJ16691 |
Entrez | 5829 |
OMIM | |
PDB | 1KL0, 1OW6, 1OW7, 1OW8, 2K2R, 2O9V, 2VZD, 2VZG, 2VZI, 3GM1, 3PY7, 3RQE, 3RQF, 3RQG, 3U3C, 3U3F, 4EDN 1KKY, 1KL0, 1OW6, 1OW7, 1OW8, 2K2R, 2O9V, 2VZD, 2VZG, 2VZI, 3GM1, 3PY7, 3RQE, 3RQF, 3RQG, 3U3C, 3U3F, 4EDN |
RefSeq | NP_001074324 |
UniProt | P49023 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 12 120.65 – 120.7 Mb |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads