Tratado dos Pireneos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tratado dos Pireneos
Remove ads

O Tratado dos Pireneos (ou Paz dos Pireneos) foi asinado polas coroas das monarquías española e francesa o 7 de novembro do ano 1659, na Illa dos Faisáns (sobre o río Bidasoa, fronteirizo entre ambos os países), co que se puxo fin a un conflito iniciado no 1635, coa Guerra dos Trinta Anos.

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...
Thumb
Perdas territoriais de Filipe IV no Tratado dos Pireneos (1659)
Remove ads

Antecedentes

Francia entrou na Guerra dos Trinta Anos despois das vitorias españolas contra os rebeldes holandeses no 1620, e contra os suecos en Nördlingen no 1634.

No ano 1640, Francia comezou a interferir na política española, apoiando aos cataláns sublevados durante a sublevación de Cataluña, ao tempo que España apoiaba a Revolta da Fronda de 1648.

Nas negociacións da paz de Westfalia (1648) que puxeron fin a Guerra dos Trinta anos, Francia anexionou os territorios de Alsacia e Lorena, pechando o denominado Camiño Español que unía as posesións españolas en Italia e en Flandres a través de Suíza e o Franco Condado. Todo isto levou a unha guerra aberta entre Francia e España.

Remove ads

Os efectos do tratado

Thumb
Cesión a Francia por parte de España do Artois e do Rosellón.

Despois de 10 anos de guerra, Francia (aliada con Inglaterra) derrota as tropas españolas na batalla das Dunas, no 1658.

A paz asinouse un ano despois na Illa dos Faisáns, asinando Luis de Haro, representando ao rei de España Filipe IV, e o cardeal Mazarino, en representación do rei de Francia Lois XIV.

Na fronteira do norte, Francia obtivo o condado de Artois e unha serie de prazas fortes en Flandres, Hainaut e Luxemburgo. Os franceses devolven a España o Charolais (no Franco Condado) e as conquistas de Italia.

No sur, na fronteira catalá, concertouse a cesión a Francia do Rosellón, o Conflent, o Vallespir e unha parte da Cerdaña, territorios todos eles situados na vertente setentrional dos Pireneos e que os soldados franceses ocuparan para apoiar aos sublevados cataláns. A fronteira con España fixarase dende entón seguindo os Pireneos, excepto o pequeno enclave de Llivia.

O tratado tamén prevía a voda entre Lois XIV de Francia e María Tareixa de España, filla de Filipe IV de España, cuxo dote se fixou en medio millón de escudos de ouro, a cambio de renunciar aos seus dereitos sucesorios ao trono de España. Pero esta compensación xamais chegou a pagarse, o que lle valeu de escusa a Lois XIV para anular o tratado e reiniciar as hostilidades, sendo un dos factores que levarán á Guerra de Sucesión Española no ano 1702.

A paz dos Pireneos completouse un ano despois co tratado de Llivia (1660) no que se acordou o paso de 33 pobos e lugares do val de Querol á soberanía francesa, quedando así baixo control español o enclave de Llivia. Deste xeito, fixouse dunha forma máis precisa a división da Cerdaña entre España e Francia.

Consecuencias para Cataluña

Thumb
Mapa da repartición de Cataluña.

No tratado incluíuse un indulto xeral e a restitución dos bens a tódolos perseguidos durante os anos da sublevación catalá (1640-1659). No lado francés, o compromiso incluía manter a vixencia dos Usatges de Barcelona e as súas institucións ao norte dos Pireneos, con sede en Perpiñán, pero esta parte non foi respectada por Lois XIV. Un ano despois (1660 os Usatges foron derrogados, o que significou a abolición das institucións propias en Cataluña setentrional, así coma a prohibición do emprego do catalán no ámbito público e oficial.

O real decreto do 2 de abril de 1700, con data de aplicación do 1 de maio do mesmo ano prohibiu o uso da lingua catalá en calquera tipo de actos oficiais, sendo o francés a única lingua oficial e a única empregada no ensino público.

Recentemente, o estado francés modificou a súa constitución engadindo ao seu artigo 2 a frase la langue de la République est le français ("a lingua da república é o francés"). Con este artigo, néganse subvencións a movementos culturais ou cívicos cuxa lingua vehicular sexa o catalán ou para rexeitar calquera tipo de presenza do catalán na administración entre outras linguas faladas no territorio francés.

Cada ano, o 7 de novembro, os catalanistas recordan estes feitos e se manifestan en Perpiñán.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads