Peanuts
banda deseñada de Charles M. Schulz From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Peanuts é unha historieta de banda deseñada diaria e dominical estadounidense escrita e ilustrada por Charles M. Schulz que se publicou dende o 2 de outubro de 1950 até o 13 de febreiro de 2000. Peanuts é unha das historietas de banda deseñada máis populares e influentes da historia, con 17 897 tiras publicadas en total,[1] o que o converte na "historia máis longa xamais contada por un único ser humano".[2][3] No momento da morte de Schulz no ano 2000, Peanuts imprimíase en 2 600 xornais, con arredor de 355 millóns de lectores en 75 países, e foi traducido a 21 linguas.[4] Peanuts axudou a asentar a tira de catro cadros como o stándar nos Estados Unidos,[5] e xunto coa mercadotecnia valéronlle a Schulz máis de mil millóns de dólares.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads