Pediculus humanus

especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia

Pediculus humanus
Remove ads

Pediculus humanus é unha especie de insecto da orde Phthiraptera (ou Psocodea), piollos, que parasita ao ser humano e comprende os piollos humanos da cabeza e do corpo (pero non o pubiano ou piollo pato). A súa infestación chámase pediculose. Ao contrario da pulga, esta especie non presentou ningunha recesión, polo que a súa distribución segue sendo mundial.[1] Recoñécense dúas subespecies:[2]

Máis información Clasificación científica ...
Remove ads

Características

Thumb
Lendia de piollo adherida a un cabelo.

Esta especie só é propia do home, como o seu nome científico indica (Pediculus humanus). Miden aproximadamente de 2 a 10 milímetros e son doadamente visibles a simple vista. Ten un corpo traslúcido cunha leve tonalidade de cor amarela ou marrón variable. Ademais pode distinguirse o sangue que leva dentro do corpo, que é sangue humano do que se alimentou. A variedade do corpo (subespecie humanus ou corporis) é considerada transmisora do tifo exantemático (causada por Rickettsia), febre das trincheiras (causadas por Bartonella) e febres recorrentes (causadas por Borrelia).[1]

Thumb
O piollo humano (Pediculus humanus) é un ectoparasito.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads