Pedro Almodóvar

director de cine, guionista e productor español From Wikipedia, the free encyclopedia

Pedro Almodóvar
Remove ads

Pedro Almodóvar Caballero, nado en Calzada de Calatrava (Cidade Real) o 24 de setembro de 1949, é un director de cinema e guionista manchego, un dos principais referentes do cinema español a nivel internacional.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos

Cando tiña oito anos Pedro Almodóvar emigrou xunto coa familia a Orellana la Vieja, unha vila de Estremadura, onde foi educado en escolas de salesianos e franciscanos. A súa formación relixiosa provocou nel un rexeitamento da relixión nun futuro. Nesa mesma época comezou a frecuentar as salas de cinema de xeito compulsivo.

Chegada a Madrid

Con dezaseis anos, en 1968, mudou a súa residencia a Madrid, sen familia nin cartos, coa soa idea de estudar e facer cine. Nun principio tivo que se dedicar a vender obxectos de segunda man no Rastro. Deseguido entrou a formar parte do grupo teatral "Los Goliardos", onde trabou amizade coa actriz Carmen Maura, quen posteriormente deviría a "diva" da súa primeira etapa cinematográfica. Fundou así mesmo un grupo musical de punk-rock canda o iconoclasta Fabio McNamara e escribiu relatos que nalgúns casos foron publicado en volumes colectivos. Nestes primeiros anos en Madrid, traballou en Telefónica. Aforrou até conseguir mercar unha cámara de Súper 8, coa que se inicia na rodaxe e grava diversas curtametraxes. Estas curtas convérteno nunha especie de enfant terrible da movida madrileña, movemento contracultural que se desenvolve dende a morte do ditador Francisco Franco até mediados dos anos 80. A primeira destas curtametraxes, titulada Film político, realizouna en 1974. Seguiríanlle títulos como Dos putas, o una historia de amor que termina en boda, La caída de Sodoma, Sexo va, sexo viene ou ¿Quién teme a Virginia Woolf?. Tamén se inclúe neste período a súa primeira longametraxe, ¡Folle... folle... fólleme Tim!, de 1978, malia que non foi estreada de xeito oficial.

En 1980, estrea a súa primeira longametraxe oficial, Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón. Trátase dun filme rupturista, realizado en condicións de produción extremas[Cómpre referencia] e filmado en 16 mm.; pese a isto, obtivo unha grande acollida no Festival Internacional de Cine de Donostia daquel ano.

Producións El Deseo

Thumb
Pedro Almodóvar e Penélope Cruz.

O 14 de xuño de 1985, xunto co seu irmán Agustín Almodóvar fundou a produtora "El Deseo", que a partir de entón produciu todos os seus filmes. Cunha produtora de seu, a súa sona non parou de medrar até distinguilo coma o director español vivo máis recoñecido [Cómpre referencia]. A clave desta fama internacional radica seguramente no seu éxito nos EUA, onde se converteu nunha figura dos medios, e nos premios Óscar, amais do mimo con que é tratada pola crítica gala, sendo de especial relevancia a súa ligazón co festival de Cannes[Cómpre referencia]. Retomando a relación cos EUA, Almodóvar gañou un Oscar polo guión de Hable con ella no ano 2003 e foi candidato á mellor película en lingua estranxeira en 1988 con Mujeres al borde de un ataque de nervios.

A meirande parte dos seus filmes poden inserirse no xénero melodramático. O propio Almodóvar confesou en diversas ocasións que as súas fontes de inspiración cinematográficas eran Douglas Sirk, Preston Sturges, George Cukor, Rainer Werner Fassbinder ou John Cassavetes, só por mencionar algúns[Cómpre referencia]. Esta utilización do melodrama xunto a personaxes estrafalarios ou marxinais reportoulle un status de éxito.

Remove ads

Filmes

Máis información Ano, Filme ...
  • A: actor
  • DG: director e guionista
  • DGA: director, guionista e actor
  • DGAM: director, guionista, actor e música
Remove ads

Produtor (e non director)

Máis información Ano, Filme ...

Recoñecementos

En 2006, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads