Rainer Werner Fassbinder

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rainer Werner Fassbinder
Remove ads

Rainer Werner Fassbinder, nado en Bad Wörishofen (Baviera) o 31 de maio de 1945 e finado en Múnic o 10 de xuño de 1982 foi un director de cinema e guionista alemán, un dos principais representantes do novo cinema alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nado nunha familia burguesa, os seus pais separáronse en 1951, quedando coa súa nai. Porén, a tuberculose da súa nai mantívoos separados longas tempadas, sendo coidado por amigos. Fassbinder cada vez volvíase máis independente e incontrolable, pasando moito tempo nas rúas e escapándose da escola. Co diñeiro que lle daba a súa nai ía ao cine case cada día, e en ocasións, tres ou catro veces no mesmo día. Con quince anos marchou a Colonia a vivir co seu pai, co que discutía habitualmente. Aló estudou na escola nocturna e facía pequenos traballos. Tamén comezou a escribir obras, poemas e contos.

En 1963 mudouse a Múnic, tomando clases de interpretación. En 1965 escribiu e dirixiu unha curtametraxe, Der Stadtstreicher, financiado polo seu amante, o aspirante a actor Christoph Roser. Dous anos despois uniuse a unha compañía teatral, na que actuaba e dirixía.

A partir de 1969 concentrouse na súa carreira cinematográfica, pero volveu intermitentemente ao teatro ao longo da súa vida. Durante os quince anos que durou a súa carreira no cinema dirixiu máis de corenta filmes e telefilmes. Ademais tamén foi compositor, director de produción, director de fotografía, produtor e montador, recibindo premios en múltiples festivais.

Nos anos nos que rodaba o seu último filme, Querelle (1982), Fassbinder abusaba do alcohol e das drogas. A tarde do nove de xuño de 1982, entou no seu cuarto a traballar nun futuro filme, Rosa L, baseado na vida de Rosa Luxemburg. Á unha da madrugada falou por teléfono co seu amigo e axudante Harry Baer. Cando a parella de Fassbinder, a montadora Juliane Lorenz, chegou á casa, entrou no cuarto (sen permiso) e atopouno morto na cama. A causa da morte foi un dose letal de cocaína e barbitúricos.[1]

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads