Pelagophyceae

unha clase de algas unicelulares heterocontas mariñas From Wikipedia, the free encyclopedia

Pelagophyceae
Remove ads

Pelagophyceae é unha clase de algas unicelulares heterocontas mariñas.[1][2] Estiveron clasificadas dentro de Chrysophyceae.[1]. En rexións como a costa do golfo de México teñen impacto na pesca xa que forman mareas "marróns" e sustentan a cadea trófica.[1]

Máis información Clasificación científica, Orde ...

Son ovoides e dun tamaño entre os 3-5 μm. Teñen unha teca orgánica, habitualmente estreita, que rodea a case toda a célula. Cando teñen flaxelos o aparato basal queda reducido a un menor tamaño. O pé dos flaxelos ten unha pequena hélice de transición, que está por riba da placa. A pelame dos flaxelos é bipartita ou tripartita, e sempre orientada no mesmo xeito. Carecen de placas "oculares", ou puntos de recepción lumínica [1].

Teñen cloroplastos con lamelas estreitas con tres tilacoides. Os plástidos conteñen clorofila a e c. A pigmentación que posúen son a fucoxantina, diatoxantina, diadinoxantina e nalgúns casos a 19'-butanoxilofucoxantina. Non teñen, porén, violaxantina. Posúen mitocondrias densas con cristas tubulares[3].

Adoitan ser bacterióvoros. Polo común, atópanse na fase vexetativa como células cocoidais flaxeladas con capacidade natatoria ou como masas celulares agregadas por algún composto excretado.[3]

Remove ads

Clasificación

  • Clase Pelagophyceae Andersen & Saunders, 1993
    • Orde Pelagomonadales Andersen & Saunders, 1993
      • Familia Pelagomonadaceae
        • Xénero Aureococcus Hargraves & Sieburth, 1988
        • Xénero Chrysophaeum I.F.Lewis & H.F.Bryan, 1941
        • Xénero Pelagococcus R.E.Norris, 1977
        • Xénero Pelagomonas R.A.Andersen & G.W.Saunders, 1993
    • Orde Sarcinochrysidales Gayral e Billard, 1977
      • Familia Sarcinochrysidaceae Gayral & Billard, 1977
        • Xénero Andersenia R.Wetherbee & R.F.Waller, 2015
        • Xénero Ankylochrysis Billard, 1995
        • Xénero Aureoscheda M.J.Wynne & R.A.Andersen, 2014
        • Xénero Aureoumbra D.A.Stockwell, DeYoe, Hargraves & P.W.Johnson, 1997
        • Xénero Chrysocystis Lobban, D.Honda & Chihara, 1995
        • Xénero Chrysonephos W.R.Taylor, 1952
        • Xénero Chrysoreinhardia Billard, 2000
        • Xénero Nematochrysopsis Chadefaud, 1947
        • Xénero Sarcinochrysis Geitler, 1930
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads