Pelham Humfrey

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pelham Humfrey
Remove ads

Pelham Humfrey (variantes do nome: Humphrey e Humphrys), nado en Londres en 1647 e finado en Windsor, Inglaterra, o 14 de xullo de 1674, foi un compositor inglés do Barroco. Foi o primeiro da nova xeración de compositores ingleses marcada polo inicio da Restauración en coller relevancia.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Partitura do himno Hear my crying O God ("Escoita o meu choro, oh, Deus"), de Pelham Humfrey

Aos seus dezasete anos, Humfrey xa era moi coñecido polos seus himnos, e o rei enviouno a estudar a París, probabelmente en xaneiro de 1665, onde colleu moitas influencias da música da corte francesa. Nos alicerces da música que escribiu ao seu regreso, tamén demostrou ter asimilado o estilo vocal máis expresivo de Giacomo Carissimi. Máis tarde, sucedeu a Henry Cooke (o seu sogro) no cargo de mestre do coro da Capela Real e tamén se converteu en compositor da corte.

No xornal de Samuel Pepys fanse comentarios críticos acerca do xeito de vestir e mesmo do comportamento en xeral de Humfrey[2].

Malia morrer moi novo, aos 27 anos, Humfrey Morreu exerceu, xunto con Matthew Locke, unha forte influencia sobre os seus compañeiros, entre os que estaban William Turner, Henry Purcell e John Blow. A súa morte tan temperá considérase como unha das traxedias máis grandes na historia de música inglesa. Á súa morte xa producira varios traballos de grande intensidade e o poder expresivo, como é o caso do himno O Lord my God ("Oh, señor, meu Deus")[3].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads