Pentrámetro iámbico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O pentámetro iámbico é un tipo de verso de cinco pés de iambo, cada un dos cales adoita estar composto de dúas sílabas, unha non acentuada e outra acentuada, e unha sílaba opcional non acentuada ao final. É unha métrica sen rima.
Escritores ingleses como William Shakespeare ou Christopher Marlowe e o norteamericano Allen Ginsberg compuxeron gran parte da súa obra dramática con esta métrica. O poeta Nicanor Parra investigou en maneiras de flexibilizala, para poder favorecer a fluidez na tradución de Shakespeare ao español chileno. Parte dos seus resultados poden lerse na súa tradución do rei Lear, comezada en 1990 e publicada en Lear, rey & mendigo(2004)[1]
Remove ads
Exemplos
Un pé iámbico é unha sílaba non acentuada seguida dunha acentuada. O seu ritmo pódese describir da seguinte forma:
da | DUM |
Unha liña de pentámetro iámbico son cinco pés iámbicos nun mesmo verso:
da | DUM | da | DUM | da | DUM | da | DUM | da | DUM |
Na métrica inglesa adoita representarse este ritmo cunha 'x' para a sílaba átona e cunha '/' para a sílaba tónica. Seguindo este criterio, o pentámetro iámbico represéntase da seguinte forma:
x | / | x | / | x | / | x | / | x | / |
A liña 39 da segunda escena do primeiro acto na tempestade é un exemplo de pentámetro iámbico.
- A time before we came unto this cell?
Podemos marcar a métrica desta liña como segue:
A | time | be- | fore | we | came | un- | to | this | cell? |
Marcamos a división entre os pés cunha |.
A | time | | | be | fore | | | we | came | | | un | to | | | this | cell |
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
- Iambo
- Trímetro iámbico
- Acento (métrica)
- Pé (métrica)
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads