Pepe Garalva

publicista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José García Vázquez, coñecido como Pepe Garalva, nado en Lugo en 1929 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 2015,[1] foi un técnico de publicidade e promotor dos certames de mises femininas en Galicia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Estudou no colexio de Lomas e nos Maristas ata os 17 anos. Foi futbolista. Traballou na construtora Entrecanales y Távora de Vitoria. Retornou a Lugo e ingresou nas oficinas de Ramón Jato y Hermano. Comezou organizando veladas de boxeo e concursos de cantantes noveles como Fiesta en el Aire ou Desfile de Estrellas para dedicarse finalmente á organización de festivais e concursos de beleza feminina. Durante máis de corenta anos asumiu a organización dos festivais de mises en toda Galicia, realizando máis de 240 desfiles. A axencia Garalva, que tiña por lema “Déjenos pensar por usted”, promoveu a revista Competición, que se repartía nos bares cos resultados das competicións deportivas do domingo, a revista quincenal La Muralla e El Mirador Lucense.

Remove ads

Vida persoal

Casou con Berta Abelairas e tivo tres fillas.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads