Escombroideos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos escombroideos (Scombroidei) é unha suborde de peixes osteíctios da orde dos perciformes,[1] que é a orde máis grande dos peixes.
Son xeralmente peixes de gran tamaño, migradores oceánicos de longo percorrido.
A suborde inclúe, entre outras moitas, especies como os atúns, os bonitos, a xarda e o peixe espada.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A suborde foi descrita en 1859 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés, experto no estudo comparado dos peixes —fundamente da ictioloxía— do leste asiático, Pieter Bleeker.[1]
Etimoloxía
O nome científico da suborde está formado, como é habitual, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo. Scomb(e)r (xénero ao que pertence a xarda), suprimindo o e para facilitar a pronuncia e engadíndolle o sufixo do latín científico -oidei, propio das subordes de animais.
Clasificación
Unha clasificación controvertida
— Segundo o WoRMS, a suborde comprende as tres familias seguintes:[1]
- Familia Gempylidae Gill, 1862
- Familia Scombridae Rafinesque, 1815
- Familia Trichiuridae Rafinesque, 1810
— Porén, segundo o ITIS, as familias son catro:[2]
- Familia Gempylidae
- Familia Scombridae
- Familia Scombrolabracidae [3][4]
- Familia Trichiuridae
Remove ads
Cronoloxía
Os datos paleontolóxicos coñecidos indican a seguinte secuencia de aparición dos xéneros da suborde dos escroimbroideos:

Galería
- Thyrsites atun (Gempylidae)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads