Perkinsus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Perkinsus é un xénero de protistas do filo Perkinsozoa. O xénero foi creado en 1978 para clasificar mellor a súa especie tipo, Perkinsus marinus, que se coñecía anteriormente co nome Dermocystidium marinum.[1] Son protozoos parasitos que infectan a moluscos, e polo menos algúns deles poden causar doenzas e mortes en masa de poboacións de moluscos. P. marinus é o máis notable, e causa unha doenza chamada perkinsose, ou dermo, en ostras cultivadas e silvestres.[2]
En 2004 había seis especies válidas dentro do xénero.[1] Desde entón describíronse polo menos dúas máis.[3][4]
As especies do xénero e os seus hóspedes comúns inclúen os seguintes:
- Perkinsus andrewsi parasito da ameixa báltica Macoma balthica.[5]
- Perkinsus beihaiensis parasito das ostras Crassostrea hongkongensis e Crassostrea ariakensis.[3]
- Perkinsus chesapeaki atopado na ameixa Mya arenaria.[6]
- Perkinsus honshuensis atopado na ameixa de Manila Venerupis philippinarum.[4]
- Perkinsus marinus parasito da ostra atlántica norteamericana Crassostrea virginica.
- Perkinsus mediterraneus parasito da ostra europea Ostrea edulis.[7]
- Perkinsus olseni (syn. P. atlanticus) parasito da peneira Haliotis rubra e da ameixa fina (Ruditapes decussatus).[8]
- Perkinsus qugwadii atopado na vieira Patinopecten yessoensis.
P. andrewsi e P. chesapeaki poderían ser en realidade a mesma especie; como esta última foi descrita antes, o nome P. andrewsi debería considerarse sinónimo.[9]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads