Perosamina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A perosamina (ou GDP-perosamina) é un 4-aminodesoxiazucre derivado da manosa producido por algunhas bacterias.
Remove ads
Función biolóxica
A N-acetil-perosamina encóntrase no antíxeno O de bacterias gramnegativas como Vibrio cholerae O1, E. coli O157:H7 e Caulobacter crescentus CB15.[1] O azucre tamén se encontra na perimicina, un antibiótico producido polo organismo grampositivo Streptomyces coelicolor var. aminophilus.[2]
Biosíntese
A súa biosíntese desde a manosa-1-fosfato segue unha vía similar á da colitosa, pero é diferente en que está aminada e non sofre unha desoxixenación 3-OH ou epimerización C-5.[3]
GDP-4-keto-6-desoximanosa-4-aminotransferase (GDP-perosamina sintase)
A GDP-perosamina sintase é un encima dependente de PLP que transfire un nitróxeno desde o glutamato á posición 4-ceto da GDP-4-ceto-6-desoximanosa durante a biosíntese de GDP-perosamina.[1]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads