Pescanova

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pescanova
Remove ads

Pescanova é unha empresa pesqueira galega con sede en Chapela, Redondela. O porto de Vigo é a súa base de operacións.

Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Remove ads

Historia

Thumb
Instalacións na Avenida de Beiramar de Vigo.

Pescanova foi fundada en 1960 en Vigo por Xosé Fernández López. Desde os seus inicios desenvolveu unha tecnoloxía avanzada para o proceso completo de manufacturación de peixe mediante o uso de grandes barcos conxeladores que procesaban e ultraconxelaban as capturas a bordo do propio barco. Esta innovación constituíu unha revolución no sector do peixe ultraconxelado, e permitiulle á empresa medrar grandemente e posicionarse como líder indiscutible do mercado nacional e internacional.

En 1980 Manuel Fernández de Sousa-Faro, fillo do fundador accedeu á presidencia, e iniciou un proceso de reestruturación da firma. En 1985 comezou a cotizar na Bolsa de Madrid.

A mercadotecnia de Pescanova estivo sempre ligado a unha imaxe de marca moi familiar e que ofrece produtos de cualidade e confianza. Destacou a repercusión social do slogan O bo sabe ben aínda en uso, ou personaxes empregados en campañas publicitarias como "Rodolfo Langostino" (anos 80) ou o "Capitán Pescanova" (a finais dos 90). A comezos do século XXI abriu en Vigo o primeiro restaurante de comida rápida especializado en peixe.

Entre agosto de 2012 e febreiro de 2013, Alfonso Paz-Andrade, ex conselleiro delegado da entidade desfaise de 353 188 accións da empresa, quedando coma primeiros accionistas: Manuel Fernández de Sousa-Faro (14,426%), a Sociedad Anónima Damm (6,183%,; Luxempart (5,837%), Alqueire (5,050%), FBA-The Icelandic Investment Bank (5%) e Silicon Metals Holding (5%).[2]

O 1 de marzo de 2013 a empresa presentou un preconcurso de acredores ao non poder formalizar as súas contas de 2012 perante a Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV)[3]

Remove ads

Estrutura

Thumb
Instalacións en Redondela.

O grupo Pescanova está formado por un conglomerado de empresas dedicadas á captura, procesado, elaboración e distribución de produtos do mar, precociñados, pratos preparados e ultraconxelados. Empresas do grupo Pescanova son Pescanova Alimentación, S.A. (comercialización dos produtos Pescanova), Friser (distribución de ultraconxelados a domicilio), Cofrío (produtos conxelados para grosistas), Frinova (elaboración de produtos fritidos ultraconxelados) e Caternova (cátering para restauración).

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads