Pexego chato
variedade de pexego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O pexego chato, pexego paraguaio ou simplemente paraguaio [1] (Prunus persica var. platycarpa) é o froito dunha variedade procedente dunha mutación do pexegueiro (xénero Prunus), cunha froita semellante ao pexego pero con forma chata, pel aveludada de cor verde amarelada e carne branda e doce, adherida á carabuña[2].
O paraguaio é o resultado dunha mutación orixinada na China, sendo introducido nos Estados Unidos en 1869.[3] Cultívase principalmente en rexións tépedas e ten unhas esixencias de solo e cultivo similares ao do pexegueiro e mais a nectarina.
Do pexego chato existen diferentes variedades: de polpa branca con ou sen veas averdadas ou avermelladas, de polpa amarela, total ou parcialmente desprendida da carabuña.
Remove ads
Galería de imaxes
- Flores do pexegueiro paraguaio.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads