Pierre Louis Moreau de Maupertuis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pierre-Louis Moreau de Maupertuis, nado en Saint-Jouan-des-Guérets o 7 de xullo de 1698 e finado en Basilea, Suíza o 27 de xullo de 1759 foi un filósofo, matemático e astrónomo francés.[1]
Remove ads
Obra
Principio de mínima acción
O principio de mínima acción establece que en todos os fenómenos naturais, unha cantidade chamada "acción" tende a ser minimizada. Maupertuis desenvolveu este principio ao longo de dúas décadas. Para el, a acción podía ser expresada matematicamente como o produto da masa do corpo implicado, a distancia percorrida e a velocidade á que viaxa.
Bioloxía
Na súa obra Vénus physique (1745) Maupertuis opúxose á teoría da preformación do embrión entón de moda, afirmando que o pai e a nai teñen unha influencia semellante na herdanza. Maupertuis trata de explicar os fenómenos xenéticos a partir dunha teoría de atracción físico-química.
Para Maupertuis, a natureza era demasiado heteroxénea como para ser creada por deseño. A súa perspectiva materialista e mecanicista (debida ao seu coñecemento das teorías newtonianas[2] e os seus coñecementos ao redor da herdanza) permitíronlle desenvolver unha teoría da vida bastante próxima ao moi posterior mutacionismo de Hugo de Vries (1848-1935). Segundo Maupertuis, as primeiras formas de vida apareceron por xeración espontánea a partir de combinacións azarosas de materias inertes, moléculas ou xermes. A partir destas primeiras formas de vida, unha serie de mutacións fortuítas procreou unha multiplicación sempre crecente de especies. Maupertuis chega mesmo a postular a eliminación dos mutantes deficientes, converténdose así nun antecedente da teoría da selección natural.[3]
Remove ads
Obras

- Sur la figure de la terre (1738)
- Discours sur la parallaxe de la lune (1741)
- Discours sur la figure des astres (1742)
- Eléments de la géographie (1742)
- Lettre sur la comète de 1742 (1742)
- Accord de différentes loix de la nature qui avoient jusqu’ici paru incompatibles (1744)
- Vénus physique (1745)
- Astronomie nautique (1745 e 1746)
- Les loix du mouvement et du repos déduites d'un principe metaphysique (1746)
- Essai de cosmologie (1750).
Remove ads
Eponimia
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads