Platyrrhini

From Wikipedia, the free encyclopedia

Platyrrhini
Remove ads

Os platirrinos (Platyrrhini, do grego πλατυς, platys, 'chan', e ρινος, rhinos, 'nariz') ou monos do novo mundo son un parvorde que inclúe ás cinco familias de primates nativas de América Central e do Sur: Cebidae, Aotidae, Pitheciidae, Atelidae e Callitrichidae.[1] Publicacións como MSW recoñecen a existencia de 4 familias, sendo Callitrichidae considerada unha subfamilia (Callitrichinae) de Cebidae.[2] Estas cinco familias compóñense de 9 xéneros e 120 especies, o 20% das especies de primates recoñecidas.

Datos rápidos Clasificación taxonómica, Reino ...
Remove ads

Clasificación

Este clado, clasicamente considerábase integrado por só dúas familias Callitrichidae (antes Hapalidae) e Cebidae. En 1980 Rosemberg, redefiniu as familias e ampliou o seu número a cinco, tal como se clasifican no presente. Colin Groves en 2001, recoñece só catro familias situando a Callitrichidae como unha subfamilia (Callitrichinae), dentro da familia Cebidae, incluíndo os xéneros Callithrix, Saguinus, Leontopithecus e Callimico. Rylands e Mittermeier en 2009, sitúa a Callitrichidae como unha familia á parte, incluíndo adicionalmente aos xéneros Cebuella, Callibella e Mico.

Localización das familias de platirrinos dentro dos primates:

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads