PlayStation 4
cuarta videoconsola do modelo PlayStation From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
PlayStation 4 (プレイステーション4 Pureisutēshon Fō?, oficialmente abreviada como PS4) É a cuarta videoconsola do modelo PlayStation.[1] Forma parte das videoconsolas de oitava xeración. Foi anunciada oficialmente o 20 de febreiro de 2013 no evento PlayStation Meeting 2013, aínda que o deseño da consola non foi presentado ata o 10 de xuño no E3 2013.[2][3] É a sucesora da PlayStation 3 e actualmente compite coa Xbox One de Microsoft e a Wii U de Nintendo. O seu lanzamento foi o 15 de novembro de 2013 en Estados Unidos e en Europa e Latinoamérica foi o 29 de novembro de 2013, mentres que no Xapón foi o 22 de febreiro de 2014.[4][2][5]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Afastándose da complexa arquitectura utilizada no procesador Cell da videoconsola PlayStation 3, a PlayStation 4 conta cun procesador AMD de 8 núcleos baixo a arquitectura x86-64. Estas instrucións x86-64 están deseñadas para facer máis fácil o desenvolvemento de videoxogos na consola de nova xeración, que atrae a un maior número de desenvolvedores. Estes cambios poñen de manifesto o esforzo de Sony para mellorar as leccións apresas durante o desenvolvemento, a produción e o lanzamento do PS3. Outras características de hardware notables do PS4 é que inclúen 8 GB de memoria unificada GDDR5, unha unidade de disco Blu-ray Disc máis rápido, e os chips personalizados dedicados a tarefas de procesamento de son, vídeo e de fondo.
Entre as novas aplicacións e servizos, Sony lanzou a aplicación PlayStation App, permitindo aos que teñan un PS4 converter os teléfonos intelixentes e as tabletas nunha segunda pantalla para mellorar a xogabilidade ou en teclados externos para máis comodidade no momento de escribir. A compañía tamén planeaba debutar con Gaikai, un servizo de xogo baseado na nube que aloxa contidos e xogos descargables. Mediante a incorporación do botón "Share" no novo controlador fai que sexa posible compartir en calquera momento capturas de pantalla, trofeos, compras ou vídeos en páxinas como Facebook, Twitter e facer stream do que se xogue e ver o doutros amigos en directo desde Ustream ou Twitch, Sony planeou colocar máis énfase no xogo social. A consola PS4 o primeiro día do seu lanzamento vendeu máis de 1 millón de consolas só en territorio dos Estados Unidos.[6] Ao comezo da súa conferencia de prensa na Gamescom 2014, Sony anunciou que xa vendera máis de 10 000 000 unidades da PlayStation 4 no mundo a usuarios finais. Está deseñada para a ampla integración con Playstation Vita.[7]
O Firmware actual da consola é o 5.02, onde se mellorou a calidade do rendemento do sistema.[8]
A mediados de 2016, Sony anunciou a nova PlayStation 4 Slim e Pro.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads