Pobo checo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os checos[8] (en checo: Češi, masculino singular: Čech, feminino singular: Češka) son un grupo étnico eslavo nativa da República Checa, en Europa Central. Os checos comparten uns devanceiros, unha cultura, unha historia e unha lingua comúns, a lingua checa.
Os checos étnicos tamén foron chamados bohemios até o século XX, facendo referencia ás terras de Bohemia, que á súa vez debe o seu nome á tribo celta da Idade de Ferro dos boios. Durante o Período das Migracións, a tribo eslava occidental dos bohemios asentouse na área "asimilando as poboacións celtas e xermánicas", un formou un principado no século IX, que formou parte de Moravia, primeiro na forma do Ducado de Bohemia e despois como Reino de Bohemia, os predecesores da moderna república.
A diáspora checa está presente en numerosos países como os Estados Unidos de América, o Canadá, Israel, Austria, Alemaña, Eslovaquia, Suíza, Italia, o Reino Unido, Australia, Arxentina e o Brasil.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads