Pobo mohawk
pobo indíxena de América do Norte From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os mohawk[2] (nome tomado do Narraganset 'mohowaùuck',[3]) son a tribo americana máis oriental da Confederación iroquesa. O seu autónimo é Kanien'gehaga, a xente do lugar da pedra. O seu territorio abranguía o que hoxe en día é o sur do Quebec e o leste de Ontario. Os seus asentamentos actuais inclúe as áreas arredor do Lago Ontario e o río St Lawrence no Canadá. O seu territorio tradicional estendíase cara ao sur do río Mohawk, cara ao leste das Green Mountains de Vermont, cara ao oeste ata a fronteira cos oneida, e ó norte co río St Lawrence. Como membros orixinais da Confederación iroquesa, ou Haudenosaunee, os Mohawk eran coñecidos como os "Gardiáns da Porta Leste". A relixión mohawk predominante é animista.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads