Pobo navagho

pobo indíxena de América do Norte From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo navagho
Remove ads

Os navagho[2] ou navajo[3] (en navagho: Diné ou Naabeehó) son un pobo amerindio do suroeste dos Estados Unidos de América. Despois do pobo cherokee, son a segunda meirande tribo federalmente recoñecida con 300 460 membros (2015).[1][4] A Nación Navagho constitúe un territorio con goberno independente que controla as reservas na área de Four Corners, con 71 000 km² de terra nos estados de Arizona, Utah e Novo México. A lingua navagho é a lingua tradicional do pobo, aínda que moitos falan inglés tamén.

Os estados con meirandes poboacións navagho son Arizona (140 263) e Novo México (108 306). Arredor de tres cuartos da poboación navagho reside neses dous estados.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads