Pobo ocaina
pobo indíxena do Amazonas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os ocainas son un pobo indíxena amazónico do Perú e Colombia. É un pobo que se atopa en grave perigo de extinción, xa que no ano 2012 só había 176 persoas.[1] Falan a lingua ocaina, da familia bora–witoto.
Habitan nas ribeiras dos ríos Yaguasyacu, Ampiyacu, Jamayacù, Putumayo e Algodón (no Perú); e Apoporis, Caquetá e Putumayo (en Colombia). O seu autónimo é Dyo'xaiya ou Ivo'tsa.[2]
Remove ads
Historia

Os ocainas comparten historia e moitas características culturais cos witotos, resígaros e andoques.
Estes grupos habitaban o extremo sur de Colombia e foron levados a territorio peruano polos patróns durante o boom do caucho, no coñecido como xenocidio do Putumayo. A violencia infrinxida sobre este, e outros pobos, descendeu a súa poboación e atópanse en proceso de asimilación cos witotos.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads