Pobo tártaro

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo tártaro
Remove ads

Os tártaros[14] (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica aos pobos turcos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo de orixe mongol que habitaban no noroeste da actual Mongolia no século V.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Thumb
Tártaro (esq.) loitando a cabalo contra un cosaco.

Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Estendeuse o uso despois para incluír a case calquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.

Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azerís ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tatarstán).

A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha boa parte dos tártaros son musulmáns sunníes pero tamén hai tártaros cristiáns ortodoxos.

O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.

Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tatarstán.

O nome de tártaros, dado aos invasores, estendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma póla turca en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba.

Thumb
Distribución actual dos tártaros.

Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos:

Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads