Kazakhstán

país de Asia Central e Europa Oriental From Wikipedia, the free encyclopedia

Kazakhstánmap
Remove ads

Kazakhstán,[1][2] tamén chamado Kazakistán,[3] Casaquistán[4] ou Kazhakhstán,[5][6][7][8] é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área situada ao oeste do río Ural, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².

Datos rápidos Himno, Epónimo ...

Kazakhstán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.

Remove ads

Historia

Artigo principal: Historia de Kazakhstán.

Os kazakos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso perante a ameaza de invasión mongol. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente Kazakhstán.

Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras kazakas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército tzarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas.

Cambio de presidente, e do nome da capital

Nursultan Nazarbayev, veterano ex-comunista, o único dirixente da antiga URSS no poder sen interrupcións desde a disolución do país en 1991, o político que máis tempo permaneceu no poder en todo o espazo post-soviético, anunciou por sorpresa, o 19 de marzo de 2019 a súa dimisión tras practicamente 30 anos á fronte de Kazakhstán. Nazarbáyev, de 78 anos de idade, fixo pública a súa decisión a través dunha alocución televisada polos principais canais do país. «Este ano cumpriranse 30 anos desde que ocupo o cargo máis alto. O pobo outorgoume a posibilidade de ser o primeiro presidente do Kazakhstán independente», dixo diante as cámaras despois de dar a coñecer a súa renuncia.[9][10]

Porén, o líder kazako non se apartará demasiado dos centros de poder. Segundo as súas palabras, manterse á fronte do Consello de Seguridade da república, do Consello Constitucional e do seu partido Nur Otan, o maioritario no Parlamento. Até que se celebren unhas novas eleccións, o presidente é Kassym-Jomart Tokayev, que ocupaba o cargo de presidente do Senado no momento da renuncia do xefe de Estado.[9][10]

A primeira medida adoptada polo Parlamento kazako, tras renunciar Nursultan Nazarbayev ao seu cargo de Xefe do Estado e tras tomar posesión o novo presidente interino, Kassym-Jomart Tokayev, non caeu ben entre algúns cidadáns de Astana,[11] a capital do país, cuxo nome foi cambiado ao do pai da Nación, Nur-Sultan.[10] Con todo, só tres anos despois, a cidade volveu cambiar de nome, recuperando a denominación de Astana.[12]

Remove ads

Xeografía

Kazakhstán é un país transcontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Central e unha menor (ao oeste do río Ural) en Europa. Cunha superficie de 2 724 900 km²,[13] é o noveno país máis grande do mundo, así como o estado sen litoral marítimo máis extenso do mundo (considerando o mar Caspio como un lago). Kazakhstán é un dos seis Estados túrquicos independentes, xunto a Turquía, Azerbaidján, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán; comparte fronteiras cos tres últimos e con Rusia e a China, ao mesmo tempo que posúe costas no mar Caspio e no mar de Aral. A capital foi trasladada en 1997 de Almati, a cidade máis poboada de Kazakhstán, a Astana. Kazakhstán pertence á rexión natural denominada Asia Central, formada ademais, xunto con Tadjiikistán, por tres dos países xa citados, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán.

A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos.

Remove ads

Organización político-administrativa

Thumb
Artigo principal: Subdivisións de Kazakhstán.

Kazakhstán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). Á súa vez, as provincias divídense en distritos.

Máis información Provincia, Capital ...

Notas:[13]

  • (1) As cidades de Almaty e Astana non pertencen a ningún oblys.
  • (2) A cidade de Baikonur ten un status especial, pois actualmente, até o ano 2050, está gobernada polos rusos debido á presenza do cosmódromo Baikonur.

Economía

Artigo principal: Economía de Kazakhstán.

Mapas e imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads