Pobos papúas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os papúas[2] son un conxunto de pobos indíxenas da illa de Nova Guinea e as illas veciñas, que falan as diferentes linguas papúas. Diferéncianse lingüística e etnicamente dos austronesios, que son falantes dunha familia lingüística introducida en Nova Guinea hai trescentos anos.
Remove ads
Linguas papúas
- Artigo principal: Linguas papúas.

O gran número de grupos étnicos distinguibles na illa de Nova Guinea e os arquipélagos adxacentes reflíctese na gran diversidade lingüística desta rexión xeográfica. Dende comezos do século XX, antropólogos e lingüistas traballaron para documentar as linguas papúas, clasificalas e reconstruír a súa historia pasada. O traballo conxunto de antropólogos e lingüistas permitiu aclarar a etnoxénese dos pobos de Nova Guinea e os arquipélagos achegados.
Remove ads
Xenética

Nun estudo de 2005 sobre variacións do xene ASPM, Mekel-Bobrov et al. descubriron que os pobos papúas teñen a taxa máis alta do haplogrupo D do recentemente evolucionado ASPM, co 59,4% de ocorrencia do alelo de 6 000 anos de antigüidade.[3] Malia que non se coñece exactamente cal é a vantaxe selectiva que proporciona este xene, o alelo do haplogrupo D crese que foi seleccionado positivamente en poboacións para conferir algunha vantaxe substancial que fixo que a súa frecuencia medrase axiña.
Os principais haplogrupos do cromosoma Y dos pobos papúas son o haplogrupo K2b1 (Y-DNA) e o haplogrupo C1b2a.[4]
Remove ads
Grupos étnicos papúas
Territorio indonesio
Territorio de Papúa-Nova Guinea
- Abelam
- Angu
- Baining
- Baruya
- Bilibil
- Chambri
- Enga
- Etoro
- Fore
- Gadsup
- Gogodala
- Hewa
- Huli
- Iatmul
- Kaluli
- Kwoma
- Koteka
- Maisin
- Mian
- Min
- Motuan
- Mundugumor
- Ogea
- Orokaiva
- Sambia
- Swagap
- Tairora
- Tanga
- Takia
- Telefol
- Tolai
- Tsembaga
- Urapmin
- Wiru
- Wopkaimin
- Yimas
- Zia
Galería de imaxes
- Nenos papúas en Yengisa, Papúa-Nova Guinea.
- Danza tradicional papúa.
- Rapazas papúas.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads