Pobos austronesios

grupo de poboación de Oceanía e o sueste Asiático de lingua austronesia From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobos austronesios
Remove ads

Os pobos austronesios[26] son un grupo de poboación presente en Oceanía e o sueste Asiático que falan, ou cuxos antepasados falaban, algunha das linguas austronesias. Son orixinarios da illa de Taiwán e inclúen ós malaio-polinesios que se expandiron por toda Oceanía, agás Australia, ademais de Madagascar.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Thumb
Mapa da extensión dos pobos austronesios.

Entre os pobos austronesios inclúense: os indíxenas de Taiwán; a maior parte dos grupos étnicos de Timor LesteIndonesia, Malaisia, Brunei, Filipinas, así como os pobos aborixes de Madagascar, Nova Zelandia, Micronesia, Melanesia e Polinesia. Os territorios poboados polos austronesios reciben o nome de Austronesia.

Remove ads

Orixe e difusión

Tanto a evidencia lingüística como a evidencia arqueolóxica permite asegurar que os pobos austronesios tiveron a súa orixe na illa de Taiwán tras unha migración de pobos de lingua pre-austronesia dende Asia continental en 10 000-6000 a. C.

A investigación interdisciplinar, con achegas da arqueoloxía, a etnobotánica e a lingüística, permitiu reconstruír as traxectorias de difusión xeográfica das linguas austronesias e de certas técnicas agrícolas. Segundo esta investigación, hai uns 5000 anos (3000 a. C.), os habitantes do litoral da China meridional, cultivadores de paínzo e de arroz, comezaron a cruzar o estreito para instalarse en Taiwán. Cara ao 2000 a. C., ditas linguas e técnicas difundíronse desde Taiwán até Filipinas, e logo dende estas cara ás Célebes e Timor, para, desde alí, estenderse por outras illas do arquipélago de Indonesia. No 1000 a. C., outro movemento de pobos levou a poboacións dende Filipinas a Nova Guinea e máis aló, cara ás illas do Pacífico.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads