Polar Bear (satélite)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Polar Bear (de Polar Beacon Experiment and Auroral Research), tamén coñecido como STP P87-1 e STP P87-A, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 14 de novembro de 1986 mediante un foguete Scout G desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a ionosfera terrestre.[2][3][5][6]
Remove ads
Características
Polar Bear foi unha misión militar dirixida a estudar as intereferencias nas comunicacións producidas pola actividade solar, continuando as investigacións comezadas polo satélite HILAT.[3][5][6]
A misión de POLAR foi estudar as auroras polares, medir a interacción do plasma na zona polar da magnetosfera terrestre e a cola xeomagnética, o fluxo de plasmas cara e desde a ionosfera e a introdución de enerxía procedende das partículas solares na ionosfera e a atmosfera superior.[3][5][6]
Remove ads
Nave
O satélite utilizou a estrutura do satélite Transit-O 17, que nunca chegou a lanzarse e que tería formado parte da constelación de satélites de navegación Transit O. O satélite estaba en exhibición no Museo Smithsonian desde había oito anos.[3][5][6]
Polar Bear estabilizábase mediante gradente gravitatorio mediante un mastro despregable e era alimentado por catro paneis solares. Tras o seu lanzamento e despois de alcanzar unha órbita na que era iluminado continuamente polo Sol, en febreiro de 1987, a actitude do satélite empezou a variar erraticamente ata que o satélite inverteu a súa posición en maio dese mesmo ano. O terceiro intento de recuperar o satélite tivo éxito, despois de usar o volante de inercia da nave.[3][5][6]
Remove ads
Instrumentos
Polar Bear levaba dous instrumentos a bordo:[3][5][6]
- Sensor Remoto para Imaxes Aurorais: instrumento para obter imaxes das auroras boreais.
- Experimento de Baliza: experimento para monitorizar a propagación na ionosfera sobre os polos terrestres.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads