Pomacéntridos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pomacéntridos
Remove ads

Os pomacéntridos (Pomacentridae) son unha familia de peixes mariños incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes.

Datos rápidos Identificadores, ITIS ...
Thumb
Pomacentrus pavo

A denominación da familia deriva do grego poma, cobertura (en referencia ó opérculo), e kentron, aguillón, pola liña puntiaguda que presentan na marxe do opérculo.

Remove ads

Morfoloxía

Corpo oval, alto e comprimido, con boca pequena e protráctil. A aleta dorsal, única, posúe 9-14 radios espiñosos (normalmente, 12-13) e 11-18 radios brandos. Na anal, 2 espiñas.

Alcanzan tamaños máximos de 35 cm.

Hábitat e bioloxía

Son especies de mares tropicais e temperados do Indopacífico, raramente de augas salobres.

É característico o seu sedentarismo e forte territorialidade, o que, unido ás rechamantes cores dalgunhas especies, fai que sexan moi apreciados en acuarioloxía.

Taxonomía

A familia pomacéntridos divídese en 28 xéneros e 321 especies (FishBase).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads