Porno for Pyros

From Wikipedia, the free encyclopedia

Porno for Pyros é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1992 nos Ánxeles (California) tras a separación de Jane's Addiction.[1] O grupo formárono os membros dese grupo Perry Farrell (voces) e Stephen Perkins (batería), xunto con Peter DiStefano (guitarra) e Martyn LeNoble (baixo).[2] O baixista Mike Watt foi membro da banda entre 1995 e 1998, e posteriormente en aparicións únicas nos anos 2020 e 2022.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Porno for Pyros
Thumb
OrixeOs Ánxeles, California,
Período1992 - 1998
2009
2020
2022 - presente
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros. Records
MembrosPerry Farrell
Stephen Perkins
Martyn LeNoble
Peter DiStefano
Antigos membrosMike Watt
Na rede
Last fm: Porno+for+Pyros Genius: Porno-for-pyros
Pechar

A banda publicou dous álbums de estudio, Porno for Pyros (1993) e Good God's Urge (1996), antes de entrar en hiato en 1998.[1] No ano 2009 a formación orixinal reuniuse para unha única aparición na festa do 50 aniversario de Perry Farrell. En 2020, a formación da época de Watt reuniuse para o Lolla2020, un evento gratuído emitido a través de YouTube durante as corentenas globais debidas ao COVID-19. Tras a actuación, membros do grupo continuaron traballando xuntos en material novo,[3] e en 2022 Farrell e Perkins reuniron Porno for Pyros para realizar a súa primeira serie de actuacións a grande escala en 24 anos, volvendo a xuntarse a súa formación orixinal.

Discografía

Máis información Álbum, Ano ...
Pechar

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.