O Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros

vila da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros From Wikipedia, the free encyclopedia

O Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleirosmap
Remove ads

O Porto de Santa Cruz é unha vila costeira da parroquia de Liáns no concello de Oleiros, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 2596 habitantes (1192 homes e 1404 mulleres).

Datos rápidos Porto de Santa Cruz, Parroquia ...
Remove ads

Patrimonio

O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da ría da Coruña, xunto cos castelos de Santo Antón, San Diego e San Amaro. Na actualidade é propiedade do concello de Oleiros e alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

O Museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, situado na Torre de Santa Cruz. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede de Alfaroleiros, unha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de oleiros que expoñen as súas pezas.

Remove ads

Praias

Aínda que todo o fondo da enseada de Santa Cruz é areoso, levan diferentes nomes a praia de Portocovo, á esquerda do castelo, e o areal do Porto, que queda completamente cuberto coa marea chea e está situado entre o castelo e o peirao.

Galería de imaxes do Porto de Santa Cruz

Lugares e parroquias

Lugares de Liáns

Parroquias de Oleiros

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oleiros

Dexo (Santa María) | Dorneda (San Martiño) | Iñás (San Xorxe) | Liáns (Santaia) | Maianca (San Cosme) | Oleiros (Santa María) | Perillo (Santa Locaia) | San Pedro de Nós (San Pedro) | Serantes (San Xián)

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads