Oleiros
concello da comarca da Coruña, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oleiros.
Remove ads
Xeografía
Limita ao norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e ao oeste co concello da Coruña e coa ría do Burgo, da cal abrangue a costa da marxe dereita oposta á da cidade da Coruña. Está situado no interior da unidade xeográfica chamada Xistos Cristalinos de Bergondo, creada no Precámbrico.
Toponimia
Segundo o Padre Sarmiento[1] o topónimo Oleiros fai referencia ás olas en que se celebraban antigamente os soterramentos[2].
Historia
Da época da cultura castrexa consérvanse trece castros:[3][4]
- Castro de Punta Roza
- Castro de Punta Torrella
- Castro de Subiña
- Castro de Morro Canide
- Castro de Xaz
- Castro de Edreira
- Castro de Santa Cristina
- Castro de Montrove
- Castro de Nós
- Castro de Xoez
Da Idade Media consérvanse poucos restos, entre eles atópase a Igrexa Románica de Dexo do século XII consagrada polo arcebispo Xelmirez no ano 1108.
O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da baía coruñesa, xunto co castelo de Santo Antón, o castelo de San Diego e o castelo de Santo Amaro. No século XIX foi mercado pola familia Quiroga-Pardo Bazán. En 1939 foi doado pola filla de Emilia Pardo Bazán á arma de cabalaría para organizar colonias dos orfos de guerra civil ata 1978. O castelo quedou abandonado ata 1989 cando foi mercado polo concello. O Castelo de Santa cruz está declarado Ben de Interese Cultural. Actualmente é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia[5]
Demografía
É o segundo concello máis poboado da comarca da Coruña e o décimo concello galego en poboación.

Evolución da poboación de Oleiros Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.972 | 9.115 | 10.564 | 15.039 | 29.671 | 33.443 | 34.133 | 34.386 | 34.470 | 34.563 | 34.693 | 35.013 | 35.198 | 35.559 | 36.075 | 36.534 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Economía

A economía de Oleiros estivo durante séculos centrada no sector agrario, gandeiro e pesqueiro. No porto de Lorbé existe unha das depuradoras de mexillóns máis importantes de Galiza.
A proximidade á cidade da Coruña fixo medrar a poboación do concello que pasou dunha etapa de cidade dormitorio, nas zonas máis próximas, e de lecer preto das praias. Oleiros é agora un concello residencial e de alta calidade de vida. O concello ten múltiples urbanizacións, zonas de vivendas e equipamento residencial. Nos últimos anos construíronse zonas verdes, zonas peonís e infraestruturas para mellorar a vida diaria no concello. O novo acceso ao concello é a Vía ártabra (AG-13), estrada de alta capacidade que ligará o concello coa autoestrada AP-9.
Remove ads
Patrimonio
O museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, unha das máis importantes escolas de cerámica popular. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede dunha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de ceramistas que expoñen as súas pezas.
Oleiros na literatura popular
- Refraneiro
- Cantigueiro
- Ferrolana, por te ver, / pasei o mar da Marola / a pique de me perder.
Lugares de interese

- Praia de Santa Cristina (Perillo)
- Praia de Bastiagueiro (Bastiagueiro) Bandeira Azul
- Praia de Portocovo (Porto de Santa Cruz)
- Praia de Mera (Mera)
- Museos
- Castelo de Santa Cruz (Porto de Santa Cruz)
- Museo dos Oleiros (Porto de Santa Cruz)
- Salas de exposicións
- Casa Charry (Oleiros)
- Monumentos
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Oleiros.
Parroquias
Lugares
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oleiros vexa: Lugares de Oleiros.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads