Powers Boothe

actor estadounidense (1948–2017) From Wikipedia, the free encyclopedia

Powers Boothe
Remove ads

Powers Allen Boothe, nado o 1 de xuño de 1948 e finado o 14 de maio de 2017, foi un actor de cine e televisión estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos

Fillo duns granxeiros de Snyder, Texas, recibiu o seu nome polo mellor amigo de seu pai, morto en combate durante a Segunda guerra mundial. Comezou a participar en obras de teatro no instituto, graduouse cun Bachelor of Arts na Southwest Texas State University e recibiu un Master of Fine Arts en interpretación na Southern Methodist University da University Park de Texas.[1][2]

Carreira

Os seus papeis máis coñecidos inclúen a súa interpretación gañadora dun Emmy de Jim Jones en Guyana Tragedy, os seus papeis como detective na serie de televisión Philip Marlowe na década de 1980, Bill Markham o pai de Tommy/Tomme no filme A selva esmeralda de John Boorman (1985), Cy Tolliver en Deadwood, "Curly Bill" Brocious en Tombstone, a lenda de Wyatt Eartp (1993), Gideon Malick no Universo cinematográfico de Marvel, o vicepresidente e presidente Noah Daniels na serie 24, Lamar Wyatt en Nashville e a voz de Gorilla Grodd no Universo Animado de DC.

Pasamento

Boothe morreu no seu sono na mañá do 14 de maio de 2017 por unha parada cardiopulmonar causada por un cancro de páncreas nos Ánxeles, California, aos 68 anos.[3][4] [5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads