Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia
certame literario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia foi un galardón literario convocado entre os anos 2001 e 2017 pola corporación do xornal La Voz de Galicia, contando co patrocinio de Ámbito cultural de El Corte Inglés.[1] Procurou recuperar a publicación de novelas por entregas na prensa escrita, moi común desde o derradeiro cuarto do século XIX até xa moi entrado o século XX.[2]
Remove ads
Antecedentes
O precedente de devandito premio foi o concurso de narrativa curta "Relatos de verán" que comezou no ano 2000, podendo participar calquera persoa con relatos inéditos tanto en galego como en castelán,[3] escollendo semanalmente os lectores mediante votación por correspondencia os seus relatos preferidos.[4] Tucho Calvo tamén publicou ao longo do mes de agosto dese ano unha novela por entregas nas páxinas de La Voz de Galicia, O xabaril branco;[5] meses máis tarde apareceu publicada pola editorial Ir Indo en forma de libro con ilustracións de Miguelanxo Prado.[2][6]
Remove ads
Bases do concurso
O premio estaba aberto á participación de tódalas persoas que presentasen unha novela inédita en galego e que non optase a outros certames. De temática libre e estruturadas en 31 capítulos –un por cada día de agosto– axustándose cada capítulo a 3 500 caracteres, cumprindo as características dunha narración por entregas. Unha vez aberto o prazo para a súa presentación, os orixinais enviábanse por correo ordinario ou por correo electrónico desde a data da convocatoria até mediados do mes de xullo.[3] Un xurado designado pola organización seleccionaba os tres candidatos finalistas ao galardón de entre tódolos textos recibidos, a novela vencedora acadaba unha dotación económica e publicábase no xornal durante o mes de agosto.[7]
Remove ads
Gañadores
A novela gañadora de entre as tres finalistas dábase a coñecer no transcurso dunha cea literaria, á que acudían diversas personalidades da cultura[8] e á que debían asistir os autores, especialmente os tres finalistas. O nome dos autores, oculto baixo o segredo da plica, abríase só perante os asistentes desvelándose publicamente o vencedor.[9] A dotación económica do premio ascendeu anualmente desde os 6 000 € no ano 2001[1] até 10 000 € en 2017.[3]
A obra gañadora publicábase diariamente ao longo do mes de agosto[7] de forma capitular nas páxinas do xornal La Voz de Galicia e mais na súa edición dixital.[3] O mesmo ano editábase a obra en formato libro, coa devindicación habitual de dereitos de autor.[1] A primeira novela gañadora foi publicada pola editorial Ir Indo, á que se sumaron nas seguintes edicións Xerais, Sotelo Blanco, Biblos Clube de Lectores, Everest e Galaxia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads