Efecto 2000
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O efecto 2000 foi o nome dado a un bug ou erro de software que estaría causado pola omisión da centuria no díxito correspondente ó ano para a almacenaxe de datas. Esta práctica tiña como obxectivo economizar memoria, asumindo que o software só funcionaría durante os anos que comezaran por "19", os do século XX.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
Remove ads
Características
A hipótese do efecto 2000 presumía que despois do 31 de decembro de 1999 os sistemas informáticos contabilizarían as datas considerando que o 1 de xaneiro do 2000 sería o 1 de xaneiro de 1900.
Na predición dos efectos que este erro de software podería ter considerábanse os seguintes posibles:
- Os programas que contan o número de anos a través da subtracción das datas obterían unha cantidade de anos negativa. Por exemplo, para unha persoa nacida 1977, a súa idade no ano 2000 sería 00-77 = -77 anos.
- Os programas que contan o ano utilizando os dous últimos díxitos e mostran os dous primeiros do ano, por exemplo 19, ó intentaren mostrar o ano despois do 1999 mostrarían 19 seguido do número que segue ó 99, é dicir: 19100. Isto é coñecido como problema do ano 1900.
Ó aproximarse o ano 2000 xurdiron moitos rumores sobre os problemas que este efecto 2000 provocaría. Falábase de catástrofes económicas e dun eventual colapso dos sistemas informáticos. As intervencións nos sistemas encamiñadas a corrixir estes posibles efectos tivo un custo elevadísimo en termos económicos, sen contar outros custos relacionados.
Remove ads
Casos relacionados
Existen outros erros de software similares, relacionados coa representación de datas:
- En UNIX a data está representada por un número enteiro de 32 bits con signo, que pode oscilar entre -231 a 231-1. Este número é a cantidade de segundos que transcorreron dende o 1 de xaneiro de 1970. Así, o ano 2038 será o último representable por este sistema. Este erro de software coñécese como problema do ano 2038.
- En sistemas máis anticuados, como as versións de Windows 1.x, 2.x e 3.x, o problema radica na omisión de tales díxitos. Neste caso, ó cumprirse o primeiro segundo do ano 2000 sería o 1 de xaneiro de 1980, o ano no que se creou o MS-DOS, sistema operativo destes contornos.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads