Prosector

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Un prosector [1][2] é unha persoa coa tarefa de preparar unha disección para a demostración ou estudo, normalmente en facultades de medicina ou hospitais. Moitos dos principais anatomistas comezaron a súa carreira traballando para profesores e demostradores de anatomía e patoloxía.

O acto difire do de soamente disecar ou diseccionar. Unha prosección é unha disección preparada profesionalmente por un prosector: unha persoa que coñece ben a anatomía e que, polo tanto, prepara un exemplar para que outros poidan estudar e aprender anatomía. Unha disección pode ser elaborada por un alumno que está a diseccionar o exemplar co obxectivo de coñecer máis as estruturas anatómicas que pertencen a ese exemplar.[3][4] O termo disección tamén se pode usar para describir o acto de cortar aplicado a outros ámbitos como a mecánica ou a informática.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads