Proton K/DM

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Proton K/DM é o nome dunha variante do modelo de foguete espacial Proton K, pertencente á familia de foguetes Proton, tamén coñecidos como UR-500. Foi usado para enviar cargas á órbita terrestre. A principal diferenza co Proton K é que usaba unha etapa adicional Block DM.[1][2]

Datos rápidos Función, país de orixe ...
Remove ads

Características

O Proton K/DM foi unha mellora do Proton K/D na que se usaba unha etapa Block DM en lugar da Block D co fin de enviar cargas con precisión á órbita terrestre, e en especial á órbita xeoestacionaria incluíndo cargas militares. O Block DM foi desenvolvido inicialmente para o lanzamento de satélites de comunicación militares e de alerta temperá. Máis tarde enviou a órbita tamén cargas comerciais. O primeiro voo dun Proton K/DM tivo lugar o 26 de marzo de 1974 e o último o 29 de xuño de 1990.[1][2]

Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads