Protráctil
calidade da lingua dalgúns réptiles de proxectarse cara a fóra da boca From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O termo protráctil, referido á lingua dalgúns animais, significa que esta pode proxectarse moito cara a fóra da boca, como nalgúns réptiles, especialmente nos camaleóns.[1][2]

Ademais, algúns peixes teñen boca ou mandíbula protráctil, que poden proxectar cara a adiante. Algúns outros vertebrados e invertebrados teñen apéndices protráctiles (tentáculos, ovopositores, etc.).
Remove ads
Etimoloxía
O termo protráctil é unha adaptación do latín científico protractilis, derivado do latín clásico protrahĕre, "sacar", "facer saír".[3]
Nos camaleóns
Todos os camaleóns son principalmente insectívoros e aliméntanse proxectando balisticamente as súas longas linguas da boca para capturaren presas situadas a certa distancia.[4]
Aínda que tradicionalmente se pensaba que as linguas dos camaleóns adoitan ter entre unha e media a dúas veces a lonxitude dos seus corpos (excluíndo a cola), recentemente se descubriu que os camaleóns máis pequenos (as especies máis pequenas e os individuos máis pequenos da mesma especie) teñen aparatos de lingua proporcionalmente máis grandes que os máis grandes.[5] Polo tanto, os camaleóns máis pequenos poden proxectar a lingua a maiores distancias que os camaleóns máis grandes, que son o tema da maioría dos estudos e as estimacións de lonxitude da lingua, e poden proxectar a lingua a distancias de máis do duplo da súa lonxitude corporal.[6]
Aparato lingual dos camaleóns e o seu funcionamento
O aparato da lingua dos camaleóns consiste nun óso hioide altamente modificado, os músculos da lingua e elementos coláxenos.[7][8][5][9] O óso hioide ten unha proxección alongada de lados paralelos, chamada "proceso entogloso", sobre o cal se asenta un músculo tubular, o denominado "músculo acelerador".[5][9][7][8] O músculo acelerador contráese ao redor do proceso entogloso e é o responsábel de crear o traballo necesario para impulsar a proxección da lingua, tanto directamente como a través dos elementos coláxenos situados entre o proceso entogloso e o músculo acelerador.[4][5][7][8]
O músculo retractor da lingua, o hipogloso, conecta os músculos hioide e acelerador, e é o que premite retraer a lingua cara á boca despois da proxección da lingua.[4][5][9][7]
A proxección da lingua prodúcese cun rendemento extremadamente alto, chegando á presa en tan só 0,07 segundos, por iso só pode visualizarse utilizando cámaras ultrarrápidas[7][8][10] lanzándoe a aceleracións superiores a 41 g.[10][11] A potencia coa que se lanza a lingua, que se sabe que é de máis dos 3000 W kg−1, excede o que o músculo é capaz de producir, o que indica a presenza dunha potencia elástica amplificadora para potenciar a proxección da lingua.[8] O retroceso dos elementos elásticos no aparato da lingua é, polo tanto, o responsábel de grandes porcentaxes do rendemento xeral da proxección da lingua.
Unha consecuencia da incorporación dun mecanismo de retroceso elástico ao mecanismo de proxección da lingua é a insensibilidade térmica relativa da proxección da lingua en relación coa retracción da mesma, que é impulsada só pola contracción muscular e é moi sensíbel termicamente.[10][12] Mentres que outros animais ectotérmicos vólvense lentos a medida que diminúe a temperatura corporal, debido a unha redución da velocidade contráctil dos seus músculos, os camaleóns poden proxectar as súas linguas cun alto rendemento incluso a baixas temperaturas corporais.[10][12] Porén, a sensibilidade térmica da retracción da lingua nos camaleóns non é un problema, xa que teñen un mecanismo moi efectivo para suxeitar á súa presa unha vez que a lingua entrou en contacto con ela, incluídos os fenómenos superficais, como a adhesión húmida e o encravamento e a succión.[13] A insensibilidade térmica da proxección da lingua permite aos camaleóns alimentarse efectivamente nas mañás frías antes de poder elevar condutualmente a súa temperatura corporal a través da termorregulación, cando outras especies de lagartos simpátricos aínda están inactivos, probabelmente expandindo temporalmente a súa temperatura no seu nicho ecolóxico.[10]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
