Proxecto Ronsel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O proxecto Ronsel é un proxecto para defender o Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia[1][2], que xorde da colaboración entre as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e as consellerías de Cultura e Deporte e Innovación e Industria, xunto coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Características

En base á definición dada pola UNESCO de Patrimonio Cultural Inmaterial, o proxecto Ronsel desenvolve tres fases[1]: inventarialo, salvagardalo e poñelo en valor.

O proxecto Ronsel debíase desenvolver en cinco anos. A fase inicial comezou entre xuño e novembro de 2007, e consistiu fundamentalmente na elaboración dun Plan Salvagarda e Posta en valor. Convocáronse un total de cincuenta especialistas nos diferentes ámbitos do PCI, que achegaron as súas ideas e coñecementos para a elaboración dun documento para que as institucións públicas poñan en valor, salvagarden e revitalicen o noso patrimonio inmaterial e se tenda unha ponte entre as administracións, as universidades, as asociacións e as propias comunidades portadoras do coñecemento tradicional.[1]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads