Proxectos xenoma

From Wikipedia, the free encyclopedia

Proxectos xenoma
Remove ads

Os proxectos xenoma son proxectos científicos que pretenden como obxectivo final determinar a secuencia do xenoma completo de diversos organismos de todos os tipos (animais, plantas, a fungos, bacterias, arqueas, protistas e tamén virus) e anotar os xenes codificantes de proteínas que conteñen e outras importantes características codificadas no xenoma.[1] A secuencia xenómica dun organismo inclúe as secuencias de ADN de cada un dos seus cromosomas. Para unha bacteria, que contén un só cromosoma, un proxecto xenoma terá que mapar a secuencia dese cromosoma. Para a especie humana, supoñerá a secuenciación dos seus 22 pares de autosomas e 2 cromosomas sexuais.

Thumb
A secuencia do xenoma humano, se se imprime en libros con letra apertada, ocuparía uns 100 grosos volumes.

Os primeiros xenomas dos que se lograron secuencias completamente eran de bacterias e virus, pero despois conseguiron secuenciarse xenomas de eucariotas superiores, e as técnicas que xurdiron despois facilitaron moitísimo o proceso. O proxecto xenoma de máis sona foi o Proxecto Xenoma Humano, que está tendo un grande impacto na investigación sobre as ciencias da vida, e dá a posibilidade de impulsar numerosos avances médicos e comerciais.[2]

Remove ads

Ensamblaxe do xenoma

Artigo principal: Ensamblaxe de secuencias.

A ensamblaxe de secuencias é o proceso de unir moitas secuencias curtas de ADN procedentes do ADN fragmentado dun conxunto de cromosomas para crear a representación dos cromosomas orixinais das que proceden. Nun proxecto de secuenciación shotgun (de escopeta), todos os ADNs procedentes dunha fonte (xeralmente un só organismo) fractúranse primeiro en millóns de pequenos fragmentos. Estes fragmentos son despois "lidos" por máquinas secuenciadoras automáticas, que poden ler ata 1000 nucleótidos ou bases á vez. As catro bases son adenina, guanina, citosina e timina, representados por AGCT. Un algoritmo de ensamblaxe do xenoma funciona collendo todos os fragmentos e aliñándoos, e detectando todos os lugares onde dúas das curtas secuencias (ou lecturas) se solapan. Esas lecturas solapadas poden fusionarse, e o proceso continúa.

A ensamblaxe do xenoma é un problema de computación moi difícil, cuxa dificultade se incrementa porque moitos xenomas conteñen gran cantidade de secuencias idénticas, coñecidas como repeticións. Estas repeticións poden ter lonxitudes de miles de nucleótidos, e algunhas aparecen en miles de localizacións diferentes, especialmente nos xenomas grandes de plantas e animais.

A secuencia xenómica (borrador) resultante prodúcese combinando a información de cóntigos (contigs) secuenciados e despois emprega a información de ligamento para crear andamios. Os andamios son situados ao longo do mapa físico dos cromosomas creando un "camiño dourado" ("golden path").

Software de ensamblaxe

Orixinalmente, a maioría dos centros de secuenciación de ADN a grande escala desenvolveron o seu propio software para a ensamblaxe das secuencias que producían. Porén, isto cambiou a medida que o software se fixo máis complexo e se incrementou o número de centros que facían secuenciación. Un exemplo de tales ensambladores é Short Oligonucleotide Analysis Package (Paquete de Análise de Oligonucleótidos Curtos) desenvolvido por BGI para a ensamblaxe de novo de xenomas de tamaño do humano, o seu aliñamento, detección de SNP, a resecuenciación, busca de indeis e análises de variacións estruturais.[3][4][5]

Anotación do xenoma

Artigo principal: Anotación do ADN.

Desde a década de 1980, a bioloxía molecular e a bioinformática tiveron a necesidade de facer a anotacións de ADN. A anotación do ADN ou anotación do xenoma é o proceso de identificar a información biolóxica asociada ás secuencias, e particularmente a identificación das localizacións dos xenes e determinación das súas funcións.

Finalización dun proxecto xenoma

Cando se secuencia un xenoma, normalmente hai rexións que son difíciles de secuenciar (xeralmente rexións ricas en ADN repetitivo). Así, as chamadas secuencias xenómicas 'completas' raramente son realmente completas, e a miúdio úsanse termos como 'borrador de traballo' ou 'esencialmente completa' para describir máis exactamente o estado deses proxectos xenómicos. Mesmo nos casos en que se determinaron todos os pares de bases dunha secuencia xenómica, probablemente segue habendo erros porque a secuenciación do ADN non é un proceso totalmente exacto. Ademais, un proxecto xenómico completo debería incluír as secuencias do ADN mitocondrial e, nas plantas, do ADN cloroplástico, xa que estes orgánulos teñen os seus propios xenomas.

A miúdo dise que o obxectivo de secuenciar un xenoma é obter información sobre o conxunto completo de xenes nunha determinada secuencia xenómica. A proporción dun xenoma que codifica xenes pode ser moi pequena (especialmente en eucariotas, como os humanos, nos que o ADN codificante pode supoñer só unha porcentaxe pequena do total da secuencia). Porén, non sempre é posible (ou desexable) secuenciar só as rexións codificantes por separado. Ademais, a medida que se sabe máis sobre o ADN non codificante, cada vez considérase máis importante coñecer a secuencia xenómica completa para comprender globalmente a xenética e a bioloxía dun organismo.

En moitos aspectos, os proxectos xenoma non se circunscriben só a determinar a secuencia do ADN dun organismo. Ditos proxectos poden tamén incluír unha predición de xenes para atopar onde están situados os xenes no xenoma, e que función exercen eses xenes. Pode haber tamén proxectos relacionados para secuenciar ESTs ou ARNms para determinar onde están exactamente os xenes.

Perspectivas históricas e tecnolóxicas

Historicamente, cando se secuenciaban xenomas eucariotas (como o do verme Caenorhabditis elegans) era común mapar o xenoma primeiro para proporcionar unha serie de puntos de referencia ao longo do xenoma. En vez de secuenciar un cromosoma enteiro dun golpe, secuenciábase fragmento por fragmento (tendo o coñecemento previo de onde estaba situado cada fragmento aproximadamente no cromosoma completo). Os cambios na tecnoloxía dos últimos anos e especialmente as melloras no poder de procesamento dos computadores, fixeron que agora os xenomas poidan ser completamente secuenciados dun golpe por 'secuenciación shotgun' (de escopeta), aínda que hai algunhas precaucións que hai que ter nestes métodos en comparación cos métodos tradicionais.

As melloras na tecnoloxía de secuenciación do ADN significaron que o custo da secuenciación dunha nova secuencia xenómica baixase constantemente (en canto ao custo por par de bases) e as novas tecnoloxías supuxeron que os xenomas poden ser secuenciados moito máis rapidamente.

Cando as axencias de investigación deciden que novos xenomas queren secuenciar, a énfase ponse nas especies que son de grande importancia como organismos modelo ou teñen unha relevancia para a saúde humana (por exemplo, as bacterias patóxenas ou os vectores epidemiolóxicos como os mosquitos) ou especies que teñen importancia comercial (por exemplo, o gando doméstico ou as plantas agrícolas). Ponse unha énfase secundaria nas especies cuxos xenomas poden axudar a responder importantes cuestións na evolución molecular (por exemplo, o chimpancé común).

No futuro, é probable que a secuenciación de xenomas se faga cada vez máis barata e rápida. Isto permitirá que sexan determinadas as secuencias xenómicas completas de moitos individuos dunha especie. Para os humanos, isto posibilitará unha mellor comprensión de aspectos da diversidade xenética humana. Tamén permitiría potencialmente unha medicina máis individualizada, ao poder coñecer rapidamente o xenoma dun individuuo.

Exemplos de proxectos xenoma

Thumb
L1 Dominette 01449, a Hereford que serviu como suxeito para o Proxecto Xenoma Bovino.

En moitos organismos realizáronse proxectos xenoma que que foron xa completados ou están a piques de completarse, entre os que están:

Notas

Véxase tamén

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads