Timina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A timina é unha das catro bases nitroxenadas que forman parte do ADN, representada no código xenético coa letra T. As outras tres bases son a adenina, a guanina e a citosina. Forma o nucleósido timidina (dThd) e o nucleótido timidilato (dTMP). No ADN, a timina sempre se emparella coa adenina.
A súa fórmula é C5 H6 N2 O2. É un composto cíclico derivado da pirimidina (é unha 'base pirimidínica').
Os nucleótidos que constitúen o ADN están formados por un grupo fosfato, desoxirribosa (un azucre de cinco carbonos) e unha base nitroxenada. A timina é unha das catro bases que forman estes nucleótidos; as outras tres bases son a adenina, a citosina e a guanina. Estas últimas tamén interveñen na composición do ácido ribonucleico (ARN), pero a cuarta base deste ácido é o uracilo.
As unións transversais na estrutura de dobre hélice do ADN teñen lugar a través das bases, que sempre se emparellan de forma específica; a timina, que se representa pola letra T nas secuencias de nucleótidos, sempre se acopla coa adenina.
A timina foi descuberta en 1885 polo bioquímico alemán Albrecht Kossel.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads