Puck (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Puck é unha lúa interior do planeta Urano. Foi descuberta o 30 de decembro do 1985 pola sonda espacial Voyager 2.[6] O nome de Puck provén da mitoloxía celta e o folclore inglés. A órbita de Puck descansa entre os aneis de Urano e a primeira das grandes lúas de Urano, Miranda. Puck ten unha forma cuasi-esférica e un diámetro aproximado de 162 km.[2] Ten unha superficie escura inzada de cráteres, a cal amosa sinais de xeo de auga no seu espectro.[7]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Puck.
Remove ads
Descubrimento e nomeamento
Puck—a lúa interior máis grande de Urano —foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 30 de decembro do 1985. Recibiu a designación temporal de S/1985 U 1.[8]
A lúa recibiría máis tarde o nome de Puck, que aparece na obra de William Shakespeare, A Midsummer Night's Dream, coma un trasgo que viaxa pola noite a través do globo acompañando ás fadas. Na mitoloxía celta e no folclore inglés, Puck era un trasgo falcatrueiro, imaxinado polo cristiáns coma un diaño. A lúa tamén foi designada coma Urano XV.[9]
Remove ads
Características físicas
Puck é a lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano, e orbita Urano nunha órbita inmediatamente máis interior cá de Miranda. Ten un tamaño intermedio entre Portia (a segunda lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano) e Miranda (a máis pequena das cinco lúas clásicas de Urano). A órbita de Puck está localizada entre os aneis de Urano e Miranda. Pouco máis se coñece de Puck, a parte da súa órbita,[1] o seu radio de aproximadamente 81 km,[2] e o seu albedo xeométrico no espectro visible de aproximadamente 0,1.[4]
Das lúas descubertas polo equipo de imaxes da Voyager 2, só Puck foi descuberta o suficientemente cedo coma para reprogramar algúns dos equipos fotográficos da sonda para así poder obter imaxes con máis detalle.[6] As imaxes amosan a Puck cunha forma cuasi-esférica cun relación entre os eixos de 0,97 ± 0,04).[2] A súa superficie está inzada de cráteres[5] e é de cor gris.[2] Hai tres cráteres na superficie de Puck que recibiron nomes oficiais, o máis grande ten 45 km de diámetro.[6] Observacións feitas co Telescopio Espacial Hubble e con telescopios terrestres de grande alcance atoparon liñas de absorción de xeo de auga no espectro de Puck.[4][7]
Non se coñecen nada da estrutura interna de Puck. Semella estar feita dunha mestura de xeo de auga con materiais escuros semellantes os atopados nos aneis de Urano.[7] Estes materiais probablemente sexan rochas ou compostos orgánicos. A ausencia de cráteres con sistemas de raios implicaría que non hai separación entre os xeos e o resto de compoñentes, e que tampouco están separados por capas, carecendo así dun núcleo e un manto con distintos tipos de materiais.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads