Puente Viesgo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Puente Viesgomap
Remove ads

Puente Viesgo é un concello sito na comunidade autónoma de Cantabria, España, na comarca do Pas. Localízase ao suroeste da capital provincial, Santander, da cal dista uns 30 km de distancia.

Datos rápidos Localización, Capital ...

O concello limita ao norte co de Piélagos, a oeste cos de Torrelavega e San Felices de Buelna, ao leste con Castañeda e Santiurde de Toranzo e ao sur con Corvera de Toranzo.

Remove ads

Xeografía

O concello está atravesado polo río Pas, de cuxas augas se nutre o balneario de Puente Viesgo. Dentro do municipio a localidade de Vargas, está ao pé dun antigo cruzamento de camiños, hoxe ocupados pola estrada nacional Santander-Burgos e máis a estrada da costa cantábrica. No pasado cruzaba o concello un ferrocarril Astillero - Ontaneda, do que hoxe aínda fica a antiga estación e as ferrovías, que son utilizadas como vía verde.

Outra fonte de ingresos turísticos do concello está formado polo complexo de covas do monte Castillo, no cal se abren as cavernas de El Castillo, La Pasiega, Las Chimeneas e Las Monedas. Nas proximidades levántase un centro de interpretación.

Thumb
Casona de Fuentes Pila, sede do concello de Puente Viesgo

Localidades

  • Aés.
  • Hijas.
  • Las Presillas.
  • Puente Viesgo (capital municipal).
  • Vargas.
Remove ads

A capital municipal

Thumb
Igrexa parroquial de San Miguel, na capital municipal.

Puente Viesgo é tamén o nome da capital do concello. Tiña 533 habitantes no ano 2004 (INE). Está a 71 msnm, xunto a unha ponte para cruzar o río Pas. Dista 28,5 km da capital rexional. Tornouse un centro turístico. Do seu patrimonio arquitectónico salientan a «Casona de Fuentes Pila», de estilo neomontañés, proxectada no ano 1928, e declarada Ben de Interese Cultural, con categoría de Monumento, por Decreto 68/2002, de 6 de xuño.

Desde aquí se colle a estrada que conduce até o Monte Castillo.

Remove ads

Orixe do topónimo

O nome Puente Viesgo é a evolución dun sintagma latino *pontem versicum, que ven a significar "ponte torcida".

Economía

Como é o caso doutros municipios rurais cántabros, seguen a practicarse as tradicionais actividades agropecuarias, pero na actualidade non chega ao 10% da súa poboación activa os que se adican a elas. Hoxe en día case a metade desa poboación traballa no sector terciario. Destaca o sector servizos, en especial o turismo, tanto o que visita as covas como o termal.

Monumentos

Salientan neste concello seis bens declarados de interese cultural:

  • Casona de Fuentes Pila.
  • Conxunto Arqueolóxico formado polos xacementos de La Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas.
  • Cova de El Castillo.
  • Cova de La Pasiega.
  • Cova de Las Chimeneas.
  • Cova de Las Monedas.

Ademais, no cume do mesmo Monte Castillo, acháronse restos do que semella ser unha fortaleza medieval, sen que haxa documentación nin vestixios arqueolóxicos que permitan consideralo un castro prerromano.

En Aés poden verse tanto casas con escudo do século XVII, como construcións populares, nas que a solaina ou balcón, orientado para o sur corre entre dúas trabes ou muros couta-lumes de cachotería. Noutras localidades municipais poden verse casas señoriais que datan da época barroca e están levantadas con muros de cantería.

Remove ads

Festas

Remove ads

Localidades irmandadas

  • Les Eyzies-de-Tayac-Sireuil Francia

Véxase tamén

Outros artigos

  • Batalla de Vargas
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads