Torrelavega

concello de Cantabria From Wikipedia, the free encyclopedia

Torrelavegamap
Remove ads

Torrelavega é un concello español situado na comunidade autónoma de Cantabria. É a capital da comarca do Besaya e a segunda cidade máis poboada de Cantabria, ademais dun importante núcleo industrial e comercial.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Xeografía

Thumb
Pico Dobra, desde Viérnoles, punto máis alto de Torrelavega

Situase a uns oito quilómetros da costa cantábrica, a 27,5 quilómetros de Santander (capital da comunidade). A cidade é a capital da comarca do Val do Besaya, á que tamén pertencen os concellos de Cartes, Los Corrales de Buelna, Cieza, Arenas de Iguña, Bárcena de Pie de Concha, Molledo, Anievas e San Felices de Buelna.

A cota máxima é de 606 metros e, a cota mínima, de 12 metros. Ten de área 35,54 km2, ocupando o posto 57 en canto a municipios por superficie en Cantabria.

Destacan o río Saja e o río Besaya. Ambos ríos forman a principal conca hidrográfica de Cantabria. En Torrelavega o Saja recibe as augas do Besaya para logo desembocar na ría de San Martín de Arena de Suances.

Limita polo norte con Santillana del Mar, Suances e Polanco, polo leste con Piélagos e Puente Viesgo, polo sur con Los Corrales de Buelna e San Felices de Buelna, e polo oeste con Reocín e Cartes.

Localidades

  • Barreda
  • Campuzano
  • Duález
  • Ganzo
  • La Montaña
  • Sierrapando
  • Tanos
  • Torrelavega (capital)
  • Torres
  • Viérnoles
Remove ads

Historia

Foi fundada a finais do século XIII por Garci Lasso I de la Vega, Adiantado Maior de Castela, en nome de Afonso XI.

O seu nome actual é a contracción que, co paso do tempo, se produciu do epónimo da casa que construíu na zona Leonor de la Vega, filla de Garci Lasso II de la Vega e nai do Marqués de Santillana, para administrar os impostos e os privilexios do seu territorio.

Torrelavega era un centro gandeiro de importancia para Castela dende tempos remotos. "O aumento de poboación e o progreso da súa industria" merecéronlle en 1895 o título de cidade, concedido pola entón rexente María Cristina de Borbón.

Remove ads

Demografía

Máis información Ano 2000, Ano 2001 ...

A poboación do concello é de 55.947 habitantes segundo o censo de 2009, (INE 2009), polo que un 9,5% dos cántabros viven en Torrelavega. A súa tendencia demográfica está estancada desde o ano 2000, dado a unha baixa natalidade e a un progresivo envellecemento da poboación, que son compensados con fluxos migratorios que se dan desde os comezos dos noventa. Desde 1991, Torrelavega perdeu un 6,8% da poboación, isto é, 4.113 habitantes.

Ademais, a escaseza e subsecuente carestía das vivendas no núcleo urbano desenvolveu nun proceso de periurbanización ou desprazamento da poboación para os concellos do contorno, en especial ós eixes conurbanos Torrelavega-San Felices de Buelna, que aumentou a súa poboación nun 2,86 %, Torrelavega-Cartes (1,47 %), Torrelavega-Los Corrales de Buelna (1,44 %) e Torrelavega-Suances (2,84 %), sendo o aumento demográfico en Torrelavega do 0,82 % entre 2002 e 2003, e un retroceso do 0,15% entre 2005 e 2006. Torrelavega é o segundo concello máis poboado de Cantabria.

Evolución demográfica del municipio (1900-2009)
19001910192019301940195019601970198019902000200720082009
7.7779.57412.96015.93319.31523.72831.02142.94555.78659.99756.18955.41855.91055.947

Fonte: INE

Remove ads

Monumentos

  • Casa de Velarde, en Viérnoles, declarada Ben de Interese Local.
  • Edificio do Colexio de “Nuestra Señora de La Paz”, en Torrelavega, ben inventariado . A súa fachada é obra de José María Subirachs.
  • Unha das Locomotoras de Vapor ("Udías, María, Revilla, Peñacastillo, Reyerta e Begoña 3"), en concreto a locomotora María, no Almacén do Concello de Torrelavega. Ben inventariado.

Monumentos relixiosos

Thumb
Fachada da igrexa da Virxe Grande, 1964
Thumb
Glorieta do boulevar ronda, en Nova Cidade, con escultura Oteando, de Miquel Navarro

Monumentos civís

  • O palacio de Demetrio Herrero, construído en 1888 e actual sede do Concello e, nun grao máis modesto, a Praza Maior, cos seus soportais. Tamén é de destacar a Fonte de Catro Caños, lugar de paso das rondas marceiras protagonizadas polo Coro Ronda Garcilaso na festa do Primeiro de Marzo.
  • A Casona dos Condes de Torreanaz.
  • A Casona Calderón (ou dos Mártires).
  • Cabe destacar tamén o conxunto monumental de Viérnoles, formado por palacios e casonas dos séculos XVII ao XIX.
  • A Praza de Abastos.
  • A Fábrica La Lechera, sede actual da Feira de Mostras de Cantabria.
  • A estación de ferrocarrís FEVE.
  • A estación de ferrocarrís RENFE en Tanos.
  • A ponte Espina, que dá acceso a Viérnoles desde Tanos.
  • A ponte Roja, en Tanos.
  • O mercado nacional de ganados.

Esculturas

Na última década fóronse colocando en espazos públicos diversas esculturas contemporáneas. Destaca o conxunto localizado na estrada de circunvalación, chamado "bulevar ronda":

  • Oteando, de Miquel Navarro, é o exemplo máis coñecido.
  • Saiva nova, de Lucio Marcos Pernía, na praza de La Llama.
  • Alegorías do traballo, a minería e a emigración, de Jesús González de la Vega.
  • Catro cadros, de Chema Alvargonzález.
  • Sen título, de Adolfo Schlosser.
  • A miña casa en Torrelavega, de Jaume Plensa, coñecida popularmente como a pajarera.
  • Paneis metálicos, instalación de José Pedro Croft.
  • Fonte de Granito, de Juan Asensio.
Remove ads

Festas

  • As festas da Patroa celébranse durante uns dez días a mediados de agosto e, nelas, pode asistirse, por exemplo, ó Desfile de Carrozas da Gala Floral (declarada de Interese Turístico Nacional).
  • A festa de San Ciprián, Festa de Interese Turístico Rexional que se celebra o 16 de setembro, con romaría incluída no alto do mesmo nome.
  • A última noite do mes de febreiro celébranse as Marzas, que conmemora a chegada da primavera.
  • O 3 de febreiro teñen o San Blas na localidade de La Montaña.
  • O 23 de abril celebran o San Xurxo na localidade de Viérnoles.
  • O 10 de maio celébrase o San Migueluco na localidade de Campuzano.
  • O 22 de maio a Santa María en Barreda.
  • O 26 de xullo a Santa Ana en Tanos.
  • O 5 de agosto a Nosa Señora das Neves en Tanos.
  • No inicio de outono fan a Magosta nas localidades de Ganzo, Barreda e Viérnoles, como tamén en barrios torrelaveguenses como Covadonga e La Inmobiliaria.
  • O 8 de setembro celébrase a Virxe do Milagre na localidade de Torres.
Remove ads

Medios de comunicación

Prensa escrita

O Diario Alerta, que ten a súa sede en Peñacastillo, en Santander, cobre cunha sección a actualidade da cidade.

El Diario Montañés, ten o seu Suplemento Veciños de Torrelavega, ademais dunha correspondente sección informativa sobre a cidade diariamente en cada exemplar do xornal.

Radio

Televisión

A televisión de Torrelavega pasou no 2005 de chamarse Vegavision a chamarse TÚ Television que retransmitía en analóxico en parte de Cantabria, e nas plataformas dixitais. Cesou as súas emisións a finais do 2008 comezos do 2009. Actualmente funciona unha nova televisión de cobertura en toda a comarca, TCBtelevisión (Tele Comarca del Besaya), que iniciou as súas emisións o 1 de outubro de 2009.

Axencia de prensa

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads